Skip to Content

Blogues

ADMISIÓN 2023-2024

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

DO 1 AO 20 DE MARZO. 

MODO DE PRESENTACIÓN: 

1. PRESENTANDO A SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO CENTRO (ANEXO II

    ESTA PODE DESCARGARSE FACENDO CLICK NO ENLACE ANTERIOR OU BEN SOLICITALA NO CENTRO. 

2. CUBRINDO E PRESENTANDO A SOLICITUDE DE XEITO TELÉMATICO 

    A través da web ADMISIÓN 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR: 

- Documento que acredite a idade do alumno: DNI ou Libro de Familia. 

- Convenio regulador ou resolución xudicial de divorcio ou separación. 

 

RAPEIROS DO MUNDO

Boas a todos e a todas, os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto, fixeron fai un par de semanas na asignatura de inglés un rap falando das profesións. Por petición dos propios alumnos e alumnas da clase, deixámosvos o resultado do vídeo.

 

Esperamos que o disfrutedes tanto como parece que o disfrutaron eles  e elas aprendendo e facéndoo.

 

 

--> Descarga o video pinchando aquí <--

 

Día escolar da Non Violencia e da Paz

Bos días a todos e a todas!

Como xa sabedes, hoxe é 30 de Xaneiro, día escolar da Non Violencia e da Paz. Para conmemoralo, estos días os alumnos e alumnas estiveron preparando un vídeo con tres poemas que desta temática.

Na hora de ler, puideron ver o resultado do ser gran traballo e puideron disfrutar del. Agora tócavos ao resto!

A continuación dexámosvos o resultado.

https://drive.google.com/file/d/148pwUvSahtCXnN0Tg2Pay2fCqQzWl1BN/view?u...

 

Feliz día da Paz!

MENÚ MES DE FEBREIRO

Bos días, a continuación deixámosvos o menú do mes de febreiro. 

Bo proveito!

MENÚ DO MES DE XANEIRO

Feliz ano a todos e a todas!

A continuación deixámosvos o menú deste primeiro mes do ano 2023.

 

Que aproveite!

Talleres do Xeoparque

Os pasados xoves e venres, días 15 e 16 respectivamente, tivemos a sorte de contar con Frankie e Bibi, do Xeoparque do Courel, para facer uns divertidísimos e interesantes talleres de bombas de sementes, pegadas de animais e papel reciclado.

Todos os nenos e nenas do cole puideron desfrutar desta aprendizaxe tan interesante. Estiveron moi motivados e atentos e, nalgúns casos, incluso un pouco pringados de mexunxe Guiño 

Pero para que poidades aprecialo moito mellor, deixámosvos algunhas imaxes do ben que o pasaron e o moito que aprenderon!

Disfrutádeas!

Menú do mes de Decembro

Deixámosvos o menú do derradeiro mes de este ano 2022.

 

Bo proveito!

Fundación Legar

O venres, 25 de novembro, os alumnos e alumnas dende infantil ata cuarto de primaria, recibiron unha visita moi interesante para aprender máis sobre a música tradicional de raíz. 

Esta visita veu da mao da Fundación Legar, con eles as nosas alumnas e alumnos aprenderon sobre instrumentos tradicionais menos populares. Instrumentos cos cales aprenderon que se poden facer 160 sons de paxaros e que non necesitamos ter un instrumento para poder facer música, senon que con materiais tan cotiás como unha tapa dunha olla, unha fouce, unhas tesoiras ou unha botella de anís pódese facela. Ademais bailaron e cantaron cantigas tradicionais e coñeceros personaxes como o espantallo; Don Ramiro, o boneco de 190 de madeira ou Enriquito, o cabezudo.

 

Os nenos e nenas disfrutaron moito da actividades! 

 

Agora xa sabemos un pouco máis das nosas raíces musicais!

 

A continuación deixámosvos algunhas imaxes dos mellores momentos.

 

25 N.Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Como xa sabedes o pasado venres, 25 de Novembro, foi o día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Para conmemoralo os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria, coa axuda dos nenos e nenas de infantil, leron un manifesto en contra da violencia de xénero. 

Ademais para acompañar este acto os nenos e nenas do cole aproveitaron o conto de Arturo e Clementina, que trata esta temática, para facer un mural de palabras boas e malas, poñendo así de manifesto as actitudes e palabras que non debemos tolerar fronte aquelas que deberían soar máis. Os máis pequenos do colexio colaboraron neste día non só co berro final do manifesto, senón tamén cuns crespóns morados.

 

Xuntos polo bo trato, xuntos contra a violencia de xénero!

 

 

 

 

Celebramos o Samaín

O pasado venres 28 de Outubro, como xa sabedes celebramos o Samaín no cole e o magosto. A verdade que foi un día moi intenso, divertido e con algún que outro susto de por medio. Buu!

Ademáis aproveitamos para resolver o concurso de Casiñas Terroríficas, no que participastedes dunha maneira excepcional e da cal dende o centro apreciamos e agradecemos moitísimo a implicación e a magnífica dedicación que tivestedes tanto aos nenos e nenas como ás familias!

Para resolver este concurso fixemos unha votación na cal os nenos e nenas votaron as casiñas dos seus compañeiros e compañeiras, resultando así un gañador de cada clase. Tamén para agradecer a participación a todo o alumnado déuselles un diploma, e aos gañadores un diploma e un pequeno agasalllo.

A continuación deixámosvos uns vídeos para que poidades ver dalgunha maneira todo o que fixemos e as fotos dos galardonados.

 

Moitas gracias pola vosa colaboración e noraboa aos gañadores!

 

https://drive.google.com/drive/folders/1znQbpLc9I9J9Bv3fkTUrstusGfwKvEC2...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut