Fundación Legar
O venres, 25 de novembro, os alumnos e alumnas dende infantil ata cuarto de primaria, recibiron unha visita moi interesante para aprender máis sobre a música tradicional de raíz.
Esta visita veu da mao da Fundación Legar, con eles as nosas alumnas e alumnos aprenderon sobre instrumentos tradicionais menos populares. Instrumentos cos cales aprenderon que se poden facer 160 sons de paxaros e que non necesitamos ter un instrumento para poder facer música, senon que con materiais tan cotiás como unha tapa dunha olla, unha fouce, unhas tesoiras ou unha botella de anís pódese facela. Ademais bailaron e cantaron cantigas tradicionais e coñeceros personaxes como o espantallo; Don Ramiro, o boneco de 190 de madeira ou Enriquito, o cabezudo.
Os nenos e nenas disfrutaron moito da actividades!
Agora xa sabemos un pouco máis das nosas raíces musicais!
A continuación deixámosvos algunhas imaxes dos mellores momentos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG_2209.jpg | 2.81 MB |
IMG_2214.jpg | 2.17 MB |
IMG_2233.jpg | 2.48 MB |
IMG_2238.jpg | 2.01 MB |
IMG_2241.JPG | 1.7 MB |
IMG_2247.JPG | 1.97 MB |
IMG_2260.JPG | 1.65 MB |
IMG_2261.JPG | 1.61 MB |
IMG_2267.JPG | 1.78 MB |
IMG_2279.jpg | 2.1 MB |