Skip to Content

Dependencias

Un libro un amigo

Visita a biblioteca no teu tempo de lecer.


CEIP San Clodio

Dependencias

O edificio do colexio consta de dous andares (planta baixa e primeiro andar) distribuídos do seguinte xeito:

  • Tres aulas (unha de infantil e dúas de primaria). Planta baixa.-
  • Unha aula de novas tecnoloxías dotada con catro computadoras conectadas a Internet, un ordenador portátil, un videoproxector, unha pizarra dixital, un televisor, un lector de DVD, un reproductor-grabador de VHS, un proxector de diapositivas e un epidiascopio. 1º andar.-
  • Unha aula compartida para Inglés e Música equipada con un reproductor de CD, unha minicadea musical, un teclado, tres xilófonos e tres metalófonos de diferente tesitura, catro carillóns (dous contraltos e dous sopranos) e instrumentación diversa de pequena percusión tanto idiófonos como membranófonos, así como unha pizarra tipo “Vileda” pautada. 1º andar.-
  • Unha estancia adicada a Biblioteca Escolar (ademais das bibliotecas de aula) cun elevado número de volumes editoriais impresos de diferente temática, tipoloxía e orixe  (principalmente material de lectura infantil e de consulta escolar), tamén conta con  material audiovisual e multimedia. 1º andar.-
  • Unha sala de profesores que conta con mobiliario axeitado e suficiente, material bibliográfico, audiovisual e multimedia de psicopedagoxía, recursos educativos, temática relacionada co contorno, así como un posto informático con conexión a Internet e equipo multifunción (fax, escáner e impresora), unha fotocopiadora e unha guillotina. Planta baixa.-
  • Un despacho de dirección equipado con mobiliario específico e un posto informático con conexión a internet, teléfono e fax. Planta baixa.-
  • A dependencia máis ampla do colexio é o comedor-cociña, dotado con material e mobiliario específico e suficiente, este espazo tamén se emprega como salón de actos cando é preciso. Planta baixa.-
  • Aseos diferenciados para alumnos e alumnas tanto no exterior da planta baixa coma no primeiro andar.

No exterior hai un espazo valado e pavimentado, unha zona de xardín equipada con tobogáns e randeas para os nenos e nenas de Infantil. Anexo ao colexio e dentro do mesmo recinto tamén se atopa o Pavillón Polideportivo Municipal que é empregado para as clases de Educación Física e tamén para o tempo de lecer.

Distribuir contido


by Dr. Radut