Estes días andamos que non damos feito: que se o Magosto, o Samaín, contadas, obradoiros de expresión corporal e artística...
O pasado venres, 5 de outubro na última sesión da mañá acudimos á biblioteca do centro para participar nunha actividade de animación á lectura que tiña como eixo central as historias de medo. Suevia, de Infantil; tódolos alumnos do primeiro grupo, así como o director, Manuel contáronnos historias verdadeiramente terroríficas que nos fixeron estremecer co medo. Antes de esta actividade e para ir entrando en materia inauguramos a exposición de cabazas que fixemos coa profesora Lucía.
Ese mesmo día, pero xa pola tarde, no patio do colexio participamos en diferentes actividades lúdicas que tiñan como nexo común as castañas: bailes e xogos como "Na procura da castaña" axudáronnos a facer un oco no estómago para logo dar boa conta de castañas asadas regadas con batidos de chocolate.
E para completar este abano tan grade de actividades, este luns visitounos no colexio, tal e como estaba anunciado nesta mesma páxina web, o artista fonsagradino Xoán Curiel acompañado da súa inseparable guitarra. Xoán fíxonos pasar un anaco ben divertido realizando actividades musicais e de expresión corporal.