Skip to Content

Brinca Vai

Resultado de imaxes para brinca vai

“BRINCA VAI!” é un libro para ler, ver e escoitar. Un  feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acompañarán aló onde vaiades.

 

“BRINCA VAI!” son 12 cancións para os 12 meses do ano, todas elas compostas e interpretadas por Paco Nogueiras nun amplo abano de estilos musicais: techno, rock, folc, reggae ou música electrónica.

 

Con esta carta de presentación non vos podedes perder a actuación de Paco Nogueiras o dia 29 de outubro as 15:00 no noso concello!!!

 

No CEIP de San Clodio gústanos mover o esquelete asi que aqui vos deixamos un adianto do que aló imos ver, e de paso a ver se podemos aprendela para o Samaín!! Ide ensaiando!!

 

https://www.youtube.com/watch?v=2x3puRGW7f8



story | by Dr. Radut