Skip to Content

Un outono atarefado

 

Estes días andamos que non damos feito: que se o Magosto, o Samaín, contadas, obradoiros de expresión corporal e artística...

Os alumnos e alumnas do primeiro grupo contando o seu conto de medo

O pasado venres, 5 de outubro na última sesión da mañá acudimos á biblioteca do centro para participar nunha actividade de animación á lectura que tiña como eixo central as historias de medo. Suevia, de Infantil; tódolos alumnos do primeiro grupo, así como o director, Manuel contáronnos historias verdadeiramente terroríficas que nos fixeron estremecer co medo. Antes de esta actividade e para ir entrando en materia inauguramos a exposición de cabazas que fixemos coa profesora Lucía.

A profesora Lucía está a colocar as cabazas axudada polos seus alumnos e alumnas

Ese mesmo día, pero xa pola tarde, no patio do colexio participamos en diferentes actividades lúdicas que tiñan como nexo común as castañas: bailes e xogos como "Na procura da castaña" axudáronnos a facer un oco no estómago para logo dar boa conta de castañas asadas regadas con batidos de chocolate.

Fabián apuntado para encestar a castaña

E para completar este abano tan grade de actividades, este luns visitounos no colexio, tal e como estaba anunciado nesta mesma páxina web, o artista fonsagradino Xoán Curiel acompañado da súa inseparable guitarra. Xoán fíxonos pasar un anaco ben divertido realizando actividades musicais e de expresión corporal.

Xoán Curiel coa súa inseparable guitarra



blog | by Dr. Radut