Skip to Content

Último número

A vaca que puxo un ovo

Día da árbore e da auga

O 21 de marzo, ao entrar a primavera celebramos ao carón do rio Sil, na área recreativa da Pena da Mula en San Clodio o DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA.

Ao loureiro que prantamos puxémoslle "Xulio César", por que será?.

Regámolo ben e agora teremos que coidalo.

Galicia Encantada

 

O pasado curso colaboramos con Antonio Reigosa na súa enciclopedia na rede "Galicia Encantada podes ver o que publicou aquí.

 

ANDURIÑA 2012-2013

VISITA Á FUNCACIÓN TIC DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

O pasado martes, 29 de mayo realizamos unha viaxe de estudios co patrocinio da Excema. Deputación Provincial de Lugo a través do programa Km0. Visitamos o Pazo de San Marcos, sede da Deputación, a Fundación TIC e os concellos de Abadín, Alfoz e Mondoñedo para facer a ruta de Pardo de Cela.


Os amigos da Fundación TIC fixeron un video que poder ver pichando aquí.

Día da Paz

O pasado venres, 28 de decembro celebramos o "DÍA DA PAZ", que se celebra a nivel mundial o 30 de xaneiro, que cadraba en domingo, de aí que o adiantásemos.

Ao longo de toda a semana realizamos actividades relacionadas con esta celebración nas aulas e o venres pola tarde visionamos unha película titulada "Kirikú e a bruxa" na que se amosaban valores relacionados coa "PAZ".

Un outono atarefado

 

Estes días andamos que non damos feito: que se o Magosto, o Samaín, contadas, obradoiros de expresión corporal e artística...

Os alumnos e alumnas do primeiro grupo contando o seu conto de medo

O pasado venres, 5 de outubro na última sesión da mañá acudimos á biblioteca do centro para participar nunha actividade de animación á lectura que tiña como eixo central as historias de medo. Suevia, de Infantil; tódolos alumnos do primeiro grupo, así como o director, Manuel contáronnos historias verdadeiramente terroríficas que nos fixeron estremecer co medo. Antes de esta actividade e para ir entrando en materia inauguramos a exposición de cabazas que fixemos coa profesora Lucía.

A profesora Lucía está a colocar as cabazas axudada polos seus alumnos e alumnas

Ese mesmo día, pero xa pola tarde, no patio do colexio participamos en diferentes actividades lúdicas que tiñan como nexo común as castañas: bailes e xogos como "Na procura da castaña" axudáronnos a facer un oco no estómago para logo dar boa conta de castañas asadas regadas con batidos de chocolate.

Fabián apuntado para encestar a castaña

E para completar este abano tan grade de actividades, este luns visitounos no colexio, tal e como estaba anunciado nesta mesma páxina web, o artista fonsagradino Xoán Curiel acompañado da súa inseparable guitarra. Xoán fíxonos pasar un anaco ben divertido realizando actividades musicais e de expresión corporal.

Xoán Curiel coa súa inseparable guitarra

Aprender a contar

08/11/2010 12:00
08/11/2010 13:00
Etc/GMT

Xoán Curiel á guitarraO vindeiro oito de novembro achegarase ata o colexio o artista polifacético Xoán Curiel, que xa estivo en Ribas de Sil o pasado verán ofrecendo un concerto, pero nesta ocasión visítanos para ensinarnos a contar contos.

Para saber máis sobre Xoán Curiel podes visitar a súa completísima páxina web pinchando aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut