25 N.Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Como xa sabedes o pasado venres, 25 de Novembro, foi o día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Para conmemoralo os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria, coa axuda dos nenos e nenas de infantil, leron un manifesto en contra da violencia de xénero.
Ademais para acompañar este acto os nenos e nenas do cole aproveitaron o conto de Arturo e Clementina, que trata esta temática, para facer un mural de palabras boas e malas, poñendo así de manifesto as actitudes e palabras que non debemos tolerar fronte aquelas que deberían soar máis. Os máis pequenos do colexio colaboraron neste día non só co berro final do manifesto, senón tamén cuns crespóns morados.
Xuntos polo bo trato, xuntos contra a violencia de xénero!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG_2173.jpg | 3.88 MB |
IMG_2188.jpg | 2.88 MB |
IMG_2196.jpg | 3 MB |
IMG_2198.jpg | 2.94 MB |
IMG_2202.jpg | 2.74 MB |
IMG_2207.jpg | 2.95 MB |