Skip to Content

Blogues

Listaxe definitiva de admitidos para o curso 2022-2023

Estimadas familias. 

Xa está publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva co alumnado con praza asignada no proceso de admisión 2022/2023. Igualmente, poderedes acceder a esa información de xeito telemático na aplicación de admisionalumnado con certificado dixital ou con chave 365. 

De tódolos xeitos, informamos de que todas as solicitudes teñen praza concedida. 

A matrícula realizarase do 20 ao 30 de xuño. 

Un saúdo. 

 

Saída ao Courel

No día de hoxe (10 de maio), o alumnado de Primaria do CEIP de San Clodio, realizamos unha saída ao concello veciño do Courel. 

Alí aproveitamos para pasar unha calorosa pero divertida xornada coñecendo algúns puntos significativos da zona como o Castro da Torre e as proximidades do pozo das Mulas paseando á beira do río Lor. 

Da man dun experimentado guía, coñecemos algunhas das particularidades biolóxicas e xeolóxicas da contorna, facendo ademais un pequeno percorrido que nos levou ata o pobo de Sobredo, após do cal recobramos enerxías comendo na ribeira do río. 

Achegámosvos algunhas imaxes do estupendo día de hoxe!

MENÚ DO MES DE MAIO

Deixámosvos o menú do mes de maio.

Bo proveito!

DÍA DO LIBRO

O sábado 23 de abril conmemorouse o Día do libro, dende o cole fixemos unha árbore con pequenos fragmentos dos nosos libros favoritos.

Así de fermosa nos quedou!

Admisión de alumnado 2022/2023

Estimadas familias. 

Xa está publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional co alumnado con praza asignada no proceso de admisión 2022/2023. Igualmente, poderedes acceder a esa información de xeito telemático na aplicación de admisionalumnado con certificado dixital ou con chave 365. 

De tódolos xeitos, informamos de que todas as solicitudes teñen praza concedida. 

Un saúdo. 

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na C.A. de Galicia

Achéganse como adxunto as directrices facilitadas dende a Xunta de Galicia sobre o uso das máscaras. 

De xeito resumido: 

O seu uso será obrigatorio no transporte escolar. 

O seu uso será recomendable no interior do centro. 

Igualmente será recomendable en casos sospeitosos ou contactos estreitos. 

Un saúdo. 

Menú do mes de abril

Deixámosvos o menú do mes de abril.

Bo proveito!

HORTO ESCOLAR

Continuando coa nosa preparación do horto escolar, esta mañá os alumnos e alumnas do segundo grupo de primaria prepararon o terreo e prantaron leitugas.

TALLER DE RÉPTILES

Hoxe no cole aprendemos moitas cousas sobre réptiles. Tivemos a visita duns animais espectaculares, entre os que coñecemos: un camaleón, unha tartaruga de terra africana, unha tartaruga de auga, un lagarto, unha serpe inofensiva “falsa coral”, una boa constrictor e por último, un curioso lagarto sen patas.

Neste taller puidemos aprender una chea de cousas sobre eles e a maiores de velos tamén os puidemos tocar tanto os adultos coma os nenos que se animaron. Experimentamos moitas sensacións, como é a súa pel, a súa textura, se son escamosos ou lisos, se a pel é dura ou branda…Tamén puidemos tocar as serpes, notamos a súa pel escamosa, o seu corpo frío, como se retorce a súa columna vertebral ó desprazarse, etc.

Gozamos moitísimo desta actividade e ao mesmo tempo faláronnos do problema de especies invasoras intentando que os alumnos e as alumnas vexan a problemática de abandonar a estos animais.

Máscaras no exterior

Bo día,

Achegamos a continuación copia da comunicación das consellerías de Sanidade e Educación eliminando a recomendación do uso das máscaras nos patios escolares: 

 

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con
alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España.

Moitas grazas pola súa colaboración,

Distribuir contido


by Dr. Radut