Skip to Content

Blogues

Saída á Devesa da Rogueira

O día 24 de marzo, o alumnado de 3º,4º, 5º e 6º, realizamos unha saída para facer unha actividade de sendeirismo no Courel. 

En dita saída percorremos a mellor reserva botánica de Galicia, a Devesa da Rogueira, gozando dun marabilloso día de ruta e aproveitando para recargar as pilas de cara ao derradeiro trimestre. 

A continuación deixámosvos algunhas fotos: 

 

https://drive.google.com/file/d/1WErM0tLo_yBiYjy3ri8LMBxm3RbcwnEn/view?u..., https://drive.google.com/file/d/1WL_MsztyXDPXLz0M8NdKw2rRgOzMXgjO/view?u..., https://drive.google.com/file/d/1WSRwTQcF2yHZIChJOQAkRq5tmsoMmeHy/view?u..., https://drive.google.com/file/d/1WVJdm4Hl36XAqBb3eZrkesUI_sWyRfnW/view?u...

Actividade Radio (8 M)

Con motivo da conmemoración do Día da Muller (8M), o alumnado do CEIP de San Clodio participou nunha actividade de gravación dunhas tertulias acerca de dita temática. 

A continuación, deixámosvos o enlace para a descarga do programa resultante de tal actividade, así como algunhas fotografías realizadas no día da escoita do mesmo. 

Un saúdo. 

https://we.tl/t-dJEQivIpVL

 

https://drive.google.com/file/d/1VvT_2DpezYfecMiBcTCRyET1TDV_sK5y/view?u..., https://drive.google.com/file/d/1W2ESYfud5xwTyRgU7lFCGvXJmSF2L8ZM/view?u..., https://drive.google.com/file/d/1WIAmAO9-2kHbbDtNOMTzqoSI8-p9BAFw/view?u..., https://drive.google.com/file/d/1WJwUHXqJlclFk4LEJ2dBM7jCerL3-DRD/view?u...

Menú do mes de abril

Aquí vos deixamos o menú do mes de abril. 

 

Bo proveito!

Menú do mes de marzo

Aquí vos deixamos o menú do mes de marzo. 

 

Bo proveito!

Día da Muller 2021

Coa próxima celebración do día da Muller o 8 de marzo, dende a biblioteca porpoñémosvos: "Un día do mes para unha historia pola igualdade". Só tedes que premer en cada día para ler unha fermosa historia. 

Agardamos que vos guste! 

Un saúdo. 

Día da Paz 2021

Malia que deberíamos ter conmemorado o Día Escolar da Paz e a Non Violencia con anterioridade, por diversos motivos unicamente o fixemos a nivel de aula na súa data (20 de xaneiro), quedando posposta ata esta semana a actividade grupal. 

Aquí vos deixamos as imaxes da nosa fermosa representación da Paz, agardamos que vos guste!

Un saúdo. 

Menú do mes de febreiro

Aquí vos deixamos o menú do mes de febreiro. 

 

Bo proveito!

PERCUSIÓN CORPORAL GRUPO 1

Os alumnos/as de 1º e 2º prepararon unha percusión corporal coa canción da película "A familia Adams". 

Agardamos que vos guste! 

https://drive.google.com/file/d/1fPlMcy1QO9BGXhUAxjxYczu_vkNtPjv2/view?usp=sharing

Boletín de Xaneiro UAD

Dende a Unidade de Drogodepencias da zona envíanos este documento para difundilo coas familias neste novo ano 2021 sobre como crear "Un taboleiro de soños". 

Distribuir contido


by Dr. Radut