Skip to Content

Blogues

AXUDAS BOLSA DE COMEDOR

En adxunto, poño a vosa disposición de novo a Orde de Axudas de Bolsa de Comedor e as instruccións de resumo para poder axudarvos dende o colexio na petición desta axuda. Se precisais máis información ou contactar conmigo non dubidedes en chamarme e/ou enviarme un correo electrónico o enderezo do colexio ceip.sanclodio@edu.xunta.es

 

Un saúdo moi grande e unha aperta enorme para os nenos/as e para vos.

Espero poder vervos na nosa escola moi pronto!!

Moito ánimo!!

 

Laura Vázquez

A directora

Programa #AfundacionEnCasa

Programa «Afundación en casa», da obra social Abanca é unha nova páxina web, que durante o confinamento realiza emisións en directo, novedades diarias, actualizacións permanentes e un fondo vivo integrado xa por máis de 300 recursos educativos, sociais, culturais, de acompañamento telemático e de voluntariado, que vos poden servir de recursos complementarios durante estos días de confinamento. Deixovos o link aquí por se vos apetece bucear na súa páxina web https://www.afundacion.org/es/afundacion-en-casa

Aprende ciencia en casa co CSIC

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) conta con un amplio abanico de recursos online para acercarse á ciencia e disfrutarla a solas ou en familia e a calquera idade. 

Exposicións e museos virtuais, debuxos animados e outros vídeos, blogs, experimentos, xogos, apps ou libros descargables sobre todas as áreas de coñecemento son algunhas destas propostas. Aquí vos presento varias delas coas que aprender ciencia en casa. https://www.csic.es/es/agenda-del-csic/aprende-ciencia-en-casa-con-el-cs...

Boletíns de Notas do 2º trimestre

A partir das 20.00h do día de hoxe están dispoñibles no Abalar Móbil, as notas do alumnado de Educación Infantil e Primaria do CEIP de San Clodio. Se algunha familia non tivese acceso de maneira dixital aos boletíns, que se poña en contacto coa directora telefónicamente ou no enderezo electrónico do colexio ceip.sanclodio@edu.xunta.es

Actividades de Relixión Católica para todos os cursos

A profesora Pilar envíavos unhas actividades sobre a súa materia, Relixión Católica. Dentro están especificado as tarefas para cada curso escolar.

Actividades para Educación Infantil

No blog http://aventureirosdeinfantil.blogspot.com/ tedes a vosa disposición unha nova proposta de actividades para o alumnado de educación infanti realizada pola titora Ana. 

 

Tarefa para todo o alumnado

1. Debuxar e pintar un arco da vella.

2. Escribir enriba ou debaixo do debuxo a seguinte mensaxe: #todosairáben.

3. Pegalo na fiestra ou no ascensor do edificio.

 

Esperamos volver a nosa escola pronto e ver eses fermosos debuxos. (Sacádelle foto para facer un collage).

Aviso modificación do Prazo de Admisión de alumnado para o curso 2020/2021

Estimadas familias:

A vista da declaración de estado de alarma ante a crise sanitaria do COVID-19, modificase o prazo de solicitude para o proceso de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2020/2021.  

Amplíarase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. 

Recoméndase, dende a Consellería de Educación, a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación de solicitudes.

Para calquera dúbida e/ou consulta podedes contactar coa directora do centro no correo electrónico do colexio: ceip.sanclodio@edu.xunta.es

MENÚ COMEDOR ESCOLAR MARZO 2020

Boas tardes, en arquivo adxunto deixámosvos o menú correspondente ao mes de Marzo de 2020. Tamén vos lembramos que o día 19 do devandito mes é día non lectivo.

Bo proveito, un saúdo!

ENTROIDO 2020

Dende o Ceip de San Clodio desexámosvos un entroido cheo de maxia e diversión. En adxunto vos deixamos unha imaxe que resume as actividades que realizamos nestes últimos días traballando baixo o Proxecto de Hogwarts. Agardamos que vos guste.

Lembrarvos tamén que os próximos días 24, 25 e 26 son días non lectivos por mor da festividade de entroido. Voltamos o xoves día 27 de febreiro.

Bo entroido, unha aperta!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut