Aviso modificación do Prazo de Admisión de alumnado para o curso 2020/2021
Estimadas familias:
A vista da declaración de estado de alarma ante a crise sanitaria do COVID-19, modificase o prazo de solicitude para o proceso de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2020/2021.
Amplíarase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase, dende a Consellería de Educación, a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación de solicitudes.
Para calquera dúbida e/ou consulta podedes contactar coa directora do centro no correo electrónico do colexio: ceip.sanclodio@edu.xunta.es