Skip to Content

Blogues

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ (30 DE XANEIRO)

Hoxe no Ceip de San Clodio celebramos o Día da Non Violencia e da Paz.

En adxunto vos deixamos unha imaxe da xornada.

Un saúdo!

MENÚ COMEDOR ESCOLAR FEBREIRO 2020

Bo día, en adxunto vos deixamos o menú do comedor escolar para o vindeiro mes de febreiro.

Recordade que os días 24, 25 e 26 de dito mes non son lectivos por celebrarse a festividade do entroido.

Ata a próxima!

MENÚ COMEDOR ESCOLAR XANEIRO 2020

Bo día, en adxunto vos deixamos o menú do comedor escolar correspondente ao mes de Xaneiro.

Un saúdo.

BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO

Dende o Ceip de San Clodio desexávosvos un bo nadal e un moi próspero aninovo 2020!

Voltamos o día 8 de xaneiro.

Unha aperta!

Boletín familiar Nadal 2019

Dende a Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos fannos chegar este boletín familiar para que o difundamos entre a comunidade educativa.

En adxunto vos deixamos o arquivo para que o poidades visualizar.

Un saúdo!

MENÚ COMEDOR DECEMBRO 2019

En adxunto vos deixamos o menú escolar correspondente ao mes de decembro. Bo proveito!

MENÚ COMEDOR OUTUBRO 2019

Aquí vos deixamos o menú de comedor correspondente ao mes de outubro. Bo proveito!

Horarios

Lembrámosvos que durante os meses de Setembro e Xuño o horario será de 9:45h a 15:10h e dende Outubro a Maio de 9:45h a 16:15h.

Calendario escolar 2019/2020

Aquí vos deixamos o calendario escolar para este curso.

https://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

 

Excursión fin de curso 2018-2019

O curso vaise esgotando e faltábanos a que eu penso é a experiencia máis enriquecedora e da que máis se lembraran os rapaces e rapazas no futuro. A EXCURSIÓN!

A xornada comezou con chuvias débiles e temiamos que se estragase o dia de actividades na provincia de León pero a chuvia deunos tregua e deixounos desfrutar de actividades ao aire libre.

Despois dun traxecto máis ou menos de hora e media desde San Clodio chegamos ao noso destino e ali nos agardaban os monitores para comezar a xornada ensinandonos a colocar as suxecións para o percorrido polas árbores.

 

Unha vez estivemos ven seguros comezou o dia de aventuras, escalamos, metemonos en rodillos de auga, tiramos co arco, paintball...

Aqui vos deixamos unhas fotos para que vexades que desfrutamos moito e que como dician algúns, Eu quero vir aqui todos os fins de curso!!!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut