Skip to Content

Blogues

PERCUSIÓN CORPORAL GRUPO 2

Os alumnos/as de 3º e 4º prepararon unha percusión corporal coa canción "The lion sleeps tonight". 

Agardamos que vos guste! 

https://drive.google.com/file/d/1eG5BDMOlm5W6PxuzMXhA8MuV9GMtf2pH/view?u...

APOIAMOS Á ANPA DO COUREL

Dende o CEIP de San Clodio sumámonos á loita contra a inxustiza que se está a cometer cos nosos veciños e amigos do Courel. 

Mediante este xesto promovido pola nosa ANPA, pretendemos contribuír a visualizar esta terrible problemática que está a atacar ao rural galego. 

Salvemos o transporte do Courel!

Menú do mes de Xaneiro

Deixámosvos o menú do primeiro mes do ano.

Bo proveito!

Menú do mes de Decembro

Deixámosvos o menú do derradeiro mes do ano. 

Bo proveito!

A Porta Violeta

Seguimos engadindo accións realizadas a prol da concienciación da loita contra a violencia de xénero. Neste caso, unha actividade realizada dende a materia de Educación Musical. 

Agardamos que vos guste!!

https://drive.google.com/file/d/1bem-_R1MhtPHJZ2sDXO5GcrIhY58He_s/view?u...

25 Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Con motivo da conmemoración, no día 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, no noso cole realizamos unha serie de actividades para contribuír á visualización da citada data. 

Agardamos que gocedes da nosa versión da popular canción de C Tangana, a cal nomeamos como "demasiado machismo". 

https://www.youtube.com/watch?v=AbaLKTsiGV4

https://fb.watch/1_q-XPlh7e/

SAMAÍN 2020

Malia que este ano foi bastante "descafeinado", non deixamos pasar a oportunidade de festexar o samaín aínda que dun xeito diferente. 

Nesta ocasión, realizamos un concurso de vasoiras, onde os nosos nenos e nenas demostraron unha vez máis o seu talento elaborando uns deseños de medo!

Deixámosvos en adxunto algunhas fotos!

Un saúdo!

Menú do mes de Novembro

Boas a todos e todas!

Adxuntámosvos o menú do mes de novembro. 

Un saúdo. 

Biblioteca virtual

Xa que non podemos prestarvos os libros, aquí vos deixamos unha BIBLIOTECA VIRTUAL con moitísimas lecturas e video contos. 

Se picas en cada unha das portadas dos libros, poderás lelos online!

 

 

ACTIVIDADE DOS BOLECHAS (112)

No día de hoxe o alumnado do grupo 2 de San Clodio realizou unha divertida actividade cos Bolechas. 

Nela, lembramos todo o referente á actuación en caso de emerxencia, mesmo aprendemos un RAP! 

Distribuir contido


by Dr. Radut