Skip to Content

Blogues

Menú do mes de Outubro

Boas a todos e todas!

Adxuntámosvos o menú do mes de Outubro. 

Un saúdo. 

 

Actividade de Igualdade

Fai uns días realizamos unha actividade de igualdade, proporcionada polo Concello de Ribas de Sil, co alumnado do Grupo 1. Encantoulles o vídeo sobre a igualdade de xénero e sobre todo ver imaxes de San Clodio!!

Benvidos/as ao novo curso!

Dende do CEIP de San Clodio dámosvos a benvida a este novo e peculiar curso escolar 20-21.

Malia as inseguridades e incertezas que se nos presentan, imos a sacalo adiante todos xuntos, non teñades ningunha dúbida. Para comezar con bo pé, aquí temos o menú do comedor deste mes de Setembro para ir abrindo o apetito. 

Bo proveito!

Medidas Prevención Comedor Escolar

Medidas de prevención ante o Covid para o Comedor Escolar para este curso 2020/2021

Autoenquisa Covid

En adxunto está a Autoenquisa que debes facer cada mañá os vosos fillos e fillas antes de vir ao cole, non tedes que enviar os datos a ningures. Soamente se é sospeita de Covid notificarllo ao Equipo Covid do centro. 

Material Grupos Primaria

Lista de material para o alumnado de Ed. Primaria

Protocolos COVID para este curso escolar

En archivos adxuntos están os tres documentos derivados da situación da pandemia do COVID19:

  • Protocolo Curso 2020/2021 
  • Plan de Continxencia
  • Programa de Acollida

Adaptacións Programacións COVID-19

Estimadas Familias:

Tal e como se nos indicou dende a Consellería de Educación, o profesorado do CEIP de San Clodio tivemos que realizar unha Adaptación da Programación do Currículo para este curso escolar 2019/2020. Nos diferentes documentos das materias atoparedes os estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles para este trimestre, así como os criterios de avaliación e cualificación e a metodoloxía a empregar neste trimestre a distancia.

Para calquera dúbida, podedes contactar co profesorado dos vosos fillos e fillas.

 

Unha aperta,

Laura

Estudo sobre a Influencia xeracional na conciencia co medio ambiente e a sostibilidade de FESAN

Estimadas familias:

 

Dende FESAN están a realizar un estudo sobre a Influencia xeracional na conciencia co medio ambiente e a sostibilidade, subvencionado pola Xunta de Galicia (TR352C 2019/34-0).

 

Poñense en contacto co centro porque necesitan coñecer a opinión da poboación galega a través duns pequenos formularios. Debido a situación actual de confinamento polo COVID-19 a difusión é máis difícil, polo que  pregan se se poidesen facerlle chegar os formularios aos seus alumnos, mestres e pais.

 

Para analizar a conciencia no medio ambiente de toda a poboación galega prepararon uns breves cuestionarios en formato online, totalmente anónimos, en función da idade das persoas.

 

Adxuntamos os enlaces dos formularios seguidamente:

 

·  De 0 – 5 anos: https://forms.gle/DhfLQdDguC99KQiw6

 

·  De 6- 12 anos (PRIMARIA): https://forms.gle/Ntbfy5Pp65SPmPFa8

 

·  De 12 a 17 anos (ESO/bacharelato/FP): https://forms.gle/WRjTT2pGms3J4CqY6

 

·  Adultos (a partir dos 18 anos): https://forms.gle/Q8TyaCbtt9tupBuq5

 

 

 

Agradecen a vosa colaboración desinterada.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut