Skip to Content

Blogues

A fábula do espantallo.

 

O pasado día 5 de outubro poidemos contar coa presencia do grupo teatral Os quinquilláns. 

Tiñan unha ardua labor por diante, converternos en actores/actrices nun par de horas. 

Todos/as fomos participes dunha versión da obra de Xosé Neira Vilas "O espantallo amigo".

Algúns eran gatos, outros cans, outros paxaros, xentes do pobo, insectos... e como non o noso protagonista, o espantallo!

Todos colaboramos e puxemos o mellor do actor/actriz que levamos dentro e o resultado final foi máis que aceltable!

 

Xornadas audiovisuais "Un universo de cine no teu concello"

O CEIP de San Clodio vai a participar nunhas xornadas de cine que se organizan en colaboración co OGDR Ribeira Sacra- Courel no noso concello. Serán uns talleres que se realizarán no centro e na localidade de San Clodio os días 15, 19 e 24.

 

Na primeira xornada veremos a proxeción dun documental da Ribeira Sacra quiado por unha nena. A evolución das videocámaras nos últimos 25 anos e a posta en común das ideas que poidan xurdir para a preparación do noso video.

 

Na segunda xornada definiremos o guión, sairemos as rúas a grabar e faremos algunha entrevista.

 

Na derradeira xornada visionaremos o noso material!!

 

Por uns intres o concello de San Clodio será o noso plató de cine e nos as estrelas!!Sorriso

 

Resultado de imaxes para un universo de cine no teu concello

 

Aqui podedes apreciar que temos un gran dominio coa cámara...

 

Pero tamén é importante saber cousas máis técnicas e para iso que mellor que ter a dous expertos dentro da nosa aula! Moitas grazas!

A vaca que puxo un ovo

Día da árbore e da auga

O 21 de marzo, ao entrar a primavera celebramos ao carón do rio Sil, na área recreativa da Pena da Mula en San Clodio o DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA.

Ao loureiro que prantamos puxémoslle "Xulio César", por que será?.

Regámolo ben e agora teremos que coidalo.

Un libro un amigo

Visita a biblioteca no teu tempo de lecer.


CEIP San Clodio

PEREXILEANDO

O noso cociñeiro Javier.

Din alá por Riotorto que para nacer o perexil ten que ser sementado polas mans dun pícaro. Neste caso non foi un só cativo senón os 15 alumnos e alumnas da aula de infantil os que, polo mes de setembro, sementaron nunha maceta esta culinaria.

Pasado o tempo e a piques de entrar no mes de Nadal, temos unhas fermosas plantiñas que estamos a transplantar reutilizando as garrafas baleiras da auga que consumimos no comedor escolar. 

Imos colocando as macetiñas entre o dobre ventanal do comedor esperando que, na primavera, Javier (o noso Arguiñano da Frieira),  poida empregar nos seus pratos este interesado agasallo que lle fixemos.

Galicia Encantada

 

O pasado curso colaboramos con Antonio Reigosa na súa enciclopedia na rede "Galicia Encantada podes ver o que publicou aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut