Skip to Content

Convivencia co cole da Pobra do Brollón.

O pasado dia 11 de abril tivemos unha visita moi especial que se ven repetndo cada dous anos no noso centro. Viñeron os alumnos/as e profes do colexio de Pobra do Brollón.

 

Aqui podedes ver que chegaron con ganas ao noso cole de pasalo ben. Démoslles a benvida dun xeito agarimoso e logo os maiores de 3º a 6º de primaria foron facer unha ruta fantástica para coñecer algúns dos miradores máis fermosos da contorna do noso concello. Todo isto axudados das explicacións dun experto como é Ramón que xa nos viñera explicar moitas cousas sobre o proxecto do XEOPARQUE DO CAUREL.

Os máis pequenos visitamos os dous museos de Quiroga, o xeolóxico e o etnolóxico. Neles puidemos aprender moitas cousas moi interesantes sobre como se recolle o mel, o proceso de elaboración do aceite, como eran as cociñas de antano,etc. 

 

Ata nos ensinaron unha pequena escola da que seguramente empregaran na época dos nosos abos e aboas.

 

E vimos o decorado da película do Apóstolo!!!

A verdade é que a mañá deu para moito aos peques ainda nos deu tempo de estrear xuntos o parque da praia de San Clodio e desfrutámolo un montón.

 

Logo xuntámonos todos no cole e tivemos un xantar conxunto onde nos entregamos uns agasallos como xesto de amizade.

Bueno esperamos que estas convivencias sigan acontecendo entre os nosos coles moitos anos máis, aqui vos deixo unha foto conxunta de todos os nenos e nenas!!

 



blog | by Dr. Radut