Skip to Content

Visita a residencia de maiores

O pasado día 20 de decembro realizamos unha visita a residencia de maiores de Ribas de Sil, onde puidemos cantar panxoliñas de nadal e compartir o día con todos os maiores da residencia. Despois puidemos merendar todos xuntos chocolate e tarta. 

Pasámolo xenial! 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita a residencia de maiores

Menú do mes de Xaneiro

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Xaneiro.    

CHEGOU O NADAL, CHEGOU A MAXIA!

Co gallo de festexar esta tempada de Nadal, a aula das estreliñas decidimos facer unha caixa de correos do Nadal!

Para iso e como bos protectores do medio ambiente, reciclamos unha caixa de comida. Logo, a pintamos de cor vermella con copos brancos. A continuación, os nenos e nenas preguntaron se podiamos poñerlle unha cara feliz e a resposta foi que sí!!

Entón, puxémoslles uns olliños, un nariz cun tapón de botella e unha boca brillante cos nosos limpapipas. 

Penso que lle quedaron xenial!! Porén.. non podiamos ter unha caixa de correos sen cartas… Cada discente debuxou e escribiu o que lle gustaría ter na nosa aula e a botou.

Esperemos que os vosos desexos se cumpran!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Buzón de Nadal

Actividade 5 de Decembro

O pasado día cinco de decembro o alumnado de infantil e de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria puideron gozar das actividades que se enmarcan dentro do programa coeduca, onde o alumnado realizou pequenos exercicios de presentación, así como exercicios de mímica e bailes. Os nenos/as de educación Infantil tamén xogaron ao espello, ao xogo de Simón dí e a xogos de adiviñas.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Actividade 5 de Decembro

DE FESTA CON SARA!

O 27 deste mes volvimos a ter troula na aula. Neste caso co gallo da celebración do cumple de Sara. Xa ten 5 aniños!!

Como non, repartiu a nosa tarta, soplou as candeas e os seus compis fixéronlle uns debuxos de agasallo aínda que botamos de menos os que estiveron maliños.

Despois de cantar e bailar as cancións tamén lle tiramos das orellas.

Que sexas moi feliz sempre Sara!! Moitos parabéns!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Cumpreanos Sara

Día contra a violencia de xénero

O pasado día 24 de Novembro, dende o CEIP San Clodio conmemoramos o día contra a violencia de xénero. Todo o alumnado elaborou un mural onde deixaron pegadas a marca das súas mans e escribiron unha frase en contra da violencia de xénero, por último os alumnos/as de 4º, 5º e 6º leron un pequeno manifesto feito por eles

 

Menú do mes de Decembro

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Decembro.

.

MOCHILAS VIAXEIRAS!

A nosa mascota de biblioteca “Claudiño” tróuxonos un agasallo: A nosa mochila viaxeira!! Así pois comezou a aventura de percorrer todos os fogares das Estreliñas para enchelo de letras, imaxinación e xogos.

Cada dúas semanas visitarán un novo fogar e cada quen acollerá e gozará dos seus contidos en compaña da súa familia co fin de levar o cole á casiña.

Nesta ocasión, a primeira en levala foi unha das nosas estreliñas pequeniñas, Claudia. Ensinounos fotiños coa súa familia e contounos o que máis lle gustou da mochila. Soamente hai que ver a cara de ilusión e o feliz que estivo con ela!

Moitas grazas tamén as familias por implicarse neste proxecto.

A viaxar!!!!

PROXECTO DO OUTONO EN INFANTIL

A aula das Estreliñas estivemos inmersos na experimentación coa chegada dunha nova estación o Outono.

Primeiramente, dimos resposta sobre o “que sabemos do outono” e o que “queriamos saber”. Así pois, a partir dos coñecementos previos do grupo – aula, fomos investigando sobre esta estación, dende a roupa e o tempo metereolóxico, ata os animais típicos, cores e froitos desta época tan bonita do ano, dando resposta así ao noso interrogante.

Para iso, partimos de diferentes contos como por exemplo: “Xaime e as landras”, “El ladrón de hojas”, “En Otoño Castañas”.. entre outros, achegándonos á lectura.

Desta maneira, elaboramos un novo espazo na aula chamado o “Museo do Outono”. Nel foron aparecendo por sorpresa follas de diferentes formas, cores, tamaños…; tamén froitos propios da estación como castañas, abelás, améndoas, cogomelos, landras, noces e piñas.

Con estes elementos, ademais de afondar nas súas características: similitudes e diferenzas, realizamos actividades de lóxica matemática gozando cos números de forma práctica, funcional e divertida.

Por último, tamén explotaron a súa vea máis creativa pintando cada un e cada unha a súa piña coa cor preferida do outono, xa que somos uns ARTISTAS!

Moitas grazas Estreliñas polo voso traballo, interese e illusión que demostrades cada día.

 

Pasámolo moi ben!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Proxecto de Outono

Coeduca

Ao longo da semana do 13 e do 20 de Novembro, levouse a cabo unhas charlas do programa coeduca,para todo o alumnado. Os alumnos/as de educación infantil, traballaron co libro O Monstro de cores, así como cos dados das emocións e a canción e bailes das emocións. Os alumnos/as de 1º, 2º e 3º de educación primaria puideron ver a película Mulán, e reflexionaron sobre os estereotipos de xénero existentes. E por último o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria, puideron ver a película Billy Elliot, e fixeron uns exercicios de representación por medio de xestos e mímica, ademais de reflexionar tamén sobre os estereotipos de xénero que existen hoxe en día na sociedade. 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Coeduca
Distribuir contido


by Dr. Radut