Skip to Content

Día do Libro

Como xa sabedes o día 23 de Abril conmemórase o Día do Libro. Para celebralo aproveitamos o bo tempo e a nosa contorna para facer unha lectura diferente... unha lectura á beira do río que pasa preto do noso cole!

Ademais os máis pequenos tamén puideron gozar da lectura gracias aos maiores que se prestáron a lerlles contos.

Despois dunha amena lectura puideron disfrutrar dun pouco de tempo libre no parque!

 

Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras, a continuación deixámosvos unhas poucas!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Día do libro

Menú do mes de Abril

A continuación deixámosvos o menú do mes de abril.

 

Bo proveito!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Menús

Casa da Fonte

O martes día 28 de marzo fixemos unha visita á Casa da Fonte de Mañente.

Nela os nenos e nenas puideron disfrutar de coñecer un pouco máis sobre os animais da granxa, estando en contacto coas vacas, as galiñas, os porcos e uns preciosos cadeliños. Xosé foi o encargado de explicarnos o funcionamento e de guiarnos en toda a visita explicándonos sobre a vida que levan os animais alí.  Tamén nos explicou e puidemos ver parte do proceso de facer manteiga.

Os nosos alumnos e alumnas disfrutaron dun marabilloso día no campo en contacto cos animais, pero isto todo vése mellor nas imaxes que a continuación vos deixamos!

Disfrutádeas!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Casa da Fonte de Mañente

Ópera de San Clodio

Hoxe os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria interpretaron con percusión corporal a coñecida Obertura da ópera de Carmen Bizet. 

Para poder disfrutar de esta peza prema aquí.

 

8M. Día Internacional da Muller

Como xa sabedes onte foi o Día Internacional da Muller e dende o CEIP de San Clodio no quixemos deixar de aportar o noso pequeno gran de area nesta loita. Os nenos e nenas do colexio fixeron un mural colaborativo cunha imaxe rendindo homenaxe a todas as avoas loitadoras. Tamén as nenas de quinto e sexto escribiron unhas palabras en forma de manifesto que leron para todo o crentro. Este dicía así:

" Nas redes sociais, televisión, prensa e na rúa conmemoramos o 8 de Marzo. No concello de Ribas de Sil e no noso colexio recordamos que non é unha data para celebrar que somos mulleres senón para homenaxear a todas as mulleres.

Este ano 2023 adicámosllo ás tarefas do fogar, que históricamente foron desenvolvidas por mulleres. as mulleres por tradición cultural traballaban no coidado da casa e das nosas familias, ademais dos seus oficios. En cambio, os homes chegaban a casa despois do traballo e non axudaban coas tarefas do fogar.

Queremos e debemos poñer en valor a cantidades de horas que as mulleres dedicaban a traballar nas casas.

A pesar de que segue a ser moi común, a día de hoxe estamos comezando a ver que o mundo está a cambiar e cada vez as tarefas do fogar son compartidads por outros membros das familia. Este é o sinal de cambio social que nos di que os traballos da casa son para todas as persoas.

Sintámonos responsables de valorar as mulleres, pensemos que nos tamén somos quen de facelo igual que os millóns de mulleres do mundo."

 

Despois de estas palabras deixámosvos un par de imaxes e o vídeo do acto.

Preme aquí para acceder ao vídeo.

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Día Internacional da Muller

Entroido

Bos días familias, este ano o entroido foi diferente. Por fin puidemos salir ás rúas a mostrar os nosos disfraces e desfrutar desta festividade.

Este ano montamos o Circo de San Clodio e os nosos nenos e nenas non puideron vir mellor caracterizados para a ocasión. O noso circo contou cuns estupendos paiasos e paiasas, uns fortísimos forzudos e forzudas, unhas e uns excepcinais mimos e por último pero non menos importantes todo o elenco de malabaristas, contorsionistas, muller barbuda e muller bala... e como bo circo, contamos con carpa e e con espectáculos de todo tipo!

Deixámosvos coas imaxes deste estupendo día!

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Entroido

MENÚ MES DE MARZO

Bos días, acontinuación deixámosvos o menú deste mes de marzo.

 

Bo proveito a todos e a todas!

ADMISIÓN 2023-2024

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

DO 1 AO 20 DE MARZO. 

MODO DE PRESENTACIÓN: 

1. PRESENTANDO A SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO CENTRO (ANEXO II

    ESTA PODE DESCARGARSE FACENDO CLICK NO ENLACE ANTERIOR OU BEN SOLICITALA NO CENTRO. 

2. CUBRINDO E PRESENTANDO A SOLICITUDE DE XEITO TELÉMATICO 

    A través da web ADMISIÓN 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR: 

- Documento que acredite a idade do alumno: DNI ou Libro de Familia. 

- Convenio regulador ou resolución xudicial de divorcio ou separación. 

 

RAPEIROS DO MUNDO

Boas a todos e a todas, os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto, fixeron fai un par de semanas na asignatura de inglés un rap falando das profesións. Por petición dos propios alumnos e alumnas da clase, deixámosvos o resultado do vídeo.

 

Esperamos que o disfrutedes tanto como parece que o disfrutaron eles  e elas aprendendo e facéndoo.

 

 

--> Descarga o video pinchando aquí <--

 

Día escolar da Non Violencia e da Paz

Bos días a todos e a todas!

Como xa sabedes, hoxe é 30 de Xaneiro, día escolar da Non Violencia e da Paz. Para conmemoralo, estos días os alumnos e alumnas estiveron preparando un vídeo con tres poemas que desta temática.

Na hora de ler, puideron ver o resultado do ser gran traballo e puideron disfrutar del. Agora tócavos ao resto!

A continuación dexámosvos o resultado.

https://drive.google.com/file/d/148pwUvSahtCXnN0Tg2Pay2fCqQzWl1BN/view?u...

 

Feliz día da Paz!

Distribuir contido


by Dr. Radut