Skip to Content

Admisión de alumnado 2022/2023

Estimadas familias. 

Xa está publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional co alumnado con praza asignada no proceso de admisión 2022/2023. Igualmente, poderedes acceder a esa información de xeito telemático na aplicación de admisionalumnado con certificado dixital ou con chave 365. 

De tódolos xeitos, informamos de que todas as solicitudes teñen praza concedida. 

Un saúdo. 

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na C.A. de Galicia

Achéganse como adxunto as directrices facilitadas dende a Xunta de Galicia sobre o uso das máscaras. 

De xeito resumido: 

O seu uso será obrigatorio no transporte escolar. 

O seu uso será recomendable no interior do centro. 

Igualmente será recomendable en casos sospeitosos ou contactos estreitos. 

Un saúdo. 

Menú do mes de abril

Deixámosvos o menú do mes de abril.

Bo proveito!

HORTO ESCOLAR

Continuando coa nosa preparación do horto escolar, esta mañá os alumnos e alumnas do segundo grupo de primaria prepararon o terreo e prantaron leitugas.

TALLER DE RÉPTILES

Hoxe no cole aprendemos moitas cousas sobre réptiles. Tivemos a visita duns animais espectaculares, entre os que coñecemos: un camaleón, unha tartaruga de terra africana, unha tartaruga de auga, un lagarto, unha serpe inofensiva “falsa coral”, una boa constrictor e por último, un curioso lagarto sen patas.

Neste taller puidemos aprender una chea de cousas sobre eles e a maiores de velos tamén os puidemos tocar tanto os adultos coma os nenos que se animaron. Experimentamos moitas sensacións, como é a súa pel, a súa textura, se son escamosos ou lisos, se a pel é dura ou branda…Tamén puidemos tocar as serpes, notamos a súa pel escamosa, o seu corpo frío, como se retorce a súa columna vertebral ó desprazarse, etc.

Gozamos moitísimo desta actividade e ao mesmo tempo faláronnos do problema de especies invasoras intentando que os alumnos e as alumnas vexan a problemática de abandonar a estos animais.

Máscaras no exterior

Bo día,

Achegamos a continuación copia da comunicación das consellerías de Sanidade e Educación eliminando a recomendación do uso das máscaras nos patios escolares: 

 

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con
alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España.

Moitas grazas pola súa colaboración,

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe 8 de marzo, dende o CEIP de San Clodio e en colaboración co Concello de Ribas de Sil, os nenos e nenas do cole leron uns manisfestos en apoio á loita pola igualdade das mulleres.

Aquí vos deixamos algunhas fotos do acto.

HORTO ESCOLAR

Durante estes días, os nenos e nenas de Infantil e 1º de primaria realizaron diferentes traballos no horto do cole. Estas actividades están englobadas dentro do Proxecto de Voz Natura do noso centro escolar.

Nas imaxes poderedes observar actividades de poda dos arbustos do patio e das frambuesas do horto. Estes restos de pode utilizáronse para facer compost.

Tamén realizaron actividades de preparación, abonado dos bancais no invernadoiro e plantación de amorodos no horto.

Pasaron unhas xornadas moi enriquecedoras convertíndose así en "grandes" agricultores.

Axuda para Ucraína

Énchenos de orgullo poder difundir ideas e propostas tan solidarias e desinteresadas como a que en diante mostramos. 

Achegamos a continuación a proposta de dous membros da nosa Comunidade Educativa, quenes no día de mañá parten cara a fronteira de Ucraína para prestar axuda a quen o precise. Animámosvos a colaborar! 

 

"Buenas tardes a todos. Dos padres del colegio  tenemos alquilada una autocaravana con 7 plazas, para salir hacia la frontera de Ucrania con Polonia, para llevar víveres, medicamentos y ropa de abrigo entre otras cosas.
La idea es acercarnos hasta Przemysl o Medyka, para dejar nuestra ayuda allí a ONGs que estén colaborando en la zona (Cruz roja, Aldeas infantiles, Unicef, etc) y de vuelta traer alguna familia o a quienes necesiten ayuda, que como ya sabéis son toda la nación.
Toda ayuda será bien recibida, podéis poneros en contacto conmigo en el tlf 609002610 o en el 638716184 … ahora es el momento de echar una mano y ayudar en todo lo que se pueda, es por ello que de antemano os damos ya las GRACIAS GRACIAS GRACIAS, (ropa de abrigo para adultos, niños, mantas, ropa técnica, sacos de dormir, esterillas, colchonetas, pañales, guantes de abrigo, productos de higiene personal alcohol, antisépticos, gasas, suero, hemostáticos, paracetamol, etc), alimentos, latas, comida que no necesite preparación, zumos, leche infantil, leche condensada, embutido envasado al vacío, etc) 
Nosotros solamente podemos traer a 5/6 personas, pero nuestro grano ya lo estamos germinando, ayúdanos.
Queremos intentar salir este sábado día 5 temprano. Es por ello que nos apremia el tiempo.
Nos podéis traer vuestra aportación a el Tanatorio de Quiroga, os esperamos."

Celebramos o Entroido!

Este ano comezamos festexando o Entroido coas ordes do noso Meco Kiss!

Pasamos unha semana moi divertida e convertímonos en verdadeiros rockandrolleiros.

Por aquí vos deixamos algunhas imaxes!

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut