Skip to Content

CONSELLO ESCOLAR

Unha vez rematado o proceso electoral iniciado o 2 de novembro do presente ano, obtivéronse os seguintes resultados no tocante aos representantes de pais e nais e profesores/as no Consello Escolar: 

Representante dos pais e nais escollido: 

Honoris González Armesto

Representantes dos mestres e mestras: 

Ana María Jato Rodríguez

Ángela Méndez González

Engadindo a estes membros escollidos, aqueles que foron directamente designados polos organismos competentes, o Consello Escolar do Ceip de San Clodio queda configurado do seguinte xeito

Presidente:

JONATHAN PÉREZ PÉREZ

Representanrtes do profesorado: 

ANA MARÍA JATO RODRÍGUEZ  E ÁNGELA MÉNDEZ GONZÁLEZ

Representantes dos pais e nais:

HONORIS GONZÁLEZ ARMESTO E MARÍA BENASACH SUÁREZ

Representante do concello:

ROSA MARÍA QUIÑONES RODRÍGUEZ

25 Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero, os alumnos e as alumnas de primaria do colexio fomos ata o concello, onde o alumnado de 5º e 6º curso leron un manifesto en contra da violencia de xénero.

Adxunto tedes algunha foto.

Un saúdo!

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Boas tardes a todos e todas!

Ó longo deste mes, os alumnos e as alumnas do noso cole realizaron diferentes obradoiros en materia de igualdade. Éstes foron levados a cabo pola asociación Outonía en colaboración coa ANPA do centro, con motivo da conmemoración do 25 de novembro que é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Adxunto vos deixo algunhas imaxes.

Un saúdo!

SAMAÍN 2021

No día de hoxe tivemos unha xornada lectiva terroríficamente fabulosa.

Unha vez máis, os nosos nenos e nenas demostráronnos o seu talento elaborando uns sombreiros de medo!

Dende o Equipo de Biblioteca tamén se organizou un concurso de "Historias de Samaín" no que houbo tres escritores gañadores. Unha vez máis, noraboa!

Para rematar a xornada gozamos dunhas saborosas castañas.

Deixámosvos en adxunto algunhas fotos!

Un saúdo!

Menú do mes de novembro

Boas a todos e todas!

Adxuntámosvos o menú do mes de novembro.

Un saúdo.

CINE 360º- PLANETARIO 3D

No día de hoxe, realizamos unha actividades moi interesantes nun Cine 360º- Planetario 3D.

Comezamos a mañá cunha película en formato fulldome 360º 3D e cun pase de planetario no que gozamos co visionado dun ceo con estrelas, constelacións e planetas.

De seguido fixemos un taller de Austronáutica no que participamos en dous xogos moi divertidos: un xogo sobre o Sistema Solar e outro para rematar, de lanzamento de foguetes.

Deixámosvos unhas fotos adxuntas!

Saúdos.

Menú do mes de outubro

Boas a todos e todas!Adxuntámosvos o menú do mes de outubro.Un saúdo.

Menú do mes de setembro

Boas a todos e todas!Adxuntámosvos o menú do mes de setembro. Un saúdo.

Reunión inicio de curso

ESTIMADAS FAMILIAS: 

Con motivo do inminente inicio de curso, propoñémosvos a realización dunha reunión, cada grupo coa súa titora, o MARTES 7 DE SETEMBRO no horario que en diante se expón: 

Grupo 1 (1º-2º): 10:00h

Grupo 2 (3º-4º): 10:30h

Grupo 3 (5º-6º): 11:00h 

Por mor do cumprimento do Protocolo Covid, dita reunión realizarase no patio dianteiro. 

Un saúdo. 

Jonathan. 

 

AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA

Estimadas familias de 4º de Ed. Primaria:

Hai un erro no ISBN do LIBRO (non no cuadernillo) de INGLÉS en 4º de E. Primaria. 

O ISBN correcto é o seguinte: 978.84.668.2585.6

Saleta xa foi avisada do erro, polo que o alumnado que teñades alí os libros encargados non teredes problema. 

A Editorial pidevos desculpas polo erro acontecido.

 

Un saúdo,

Laura Vázquez López

A directora

Distribuir contido


by Dr. Radut