Skip to Content

A Porta Violeta

Seguimos engadindo accións realizadas a prol da concienciación da loita contra a violencia de xénero. Neste caso, unha actividade realizada dende a materia de Educación Musical. 

Agardamos que vos guste!!

https://drive.google.com/file/d/1bem-_R1MhtPHJZ2sDXO5GcrIhY58He_s/view?u...

25 Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Con motivo da conmemoración, no día 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, no noso cole realizamos unha serie de actividades para contribuír á visualización da citada data. 

Agardamos que gocedes da nosa versión da popular canción de C Tangana, a cal nomeamos como "demasiado machismo". 

https://www.youtube.com/watch?v=AbaLKTsiGV4

https://fb.watch/1_q-XPlh7e/

SAMAÍN 2020

Malia que este ano foi bastante "descafeinado", non deixamos pasar a oportunidade de festexar o samaín aínda que dun xeito diferente. 

Nesta ocasión, realizamos un concurso de vasoiras, onde os nosos nenos e nenas demostraron unha vez máis o seu talento elaborando uns deseños de medo!

Deixámosvos en adxunto algunhas fotos!

Un saúdo!

Menú do mes de Novembro

Boas a todos e todas!

Adxuntámosvos o menú do mes de novembro. 

Un saúdo. 

Biblioteca virtual

Xa que non podemos prestarvos os libros, aquí vos deixamos unha BIBLIOTECA VIRTUAL con moitísimas lecturas e video contos. 

Se picas en cada unha das portadas dos libros, poderás lelos online!

 

 

ACTIVIDADE DOS BOLECHAS (112)

No día de hoxe o alumnado do grupo 2 de San Clodio realizou unha divertida actividade cos Bolechas. 

Nela, lembramos todo o referente á actuación en caso de emerxencia, mesmo aprendemos un RAP! 

Menú do mes de Outubro

Boas a todos e todas!

Adxuntámosvos o menú do mes de Outubro. 

Un saúdo. 

 

Actividade de Igualdade

Fai uns días realizamos unha actividade de igualdade, proporcionada polo Concello de Ribas de Sil, co alumnado do Grupo 1. Encantoulles o vídeo sobre a igualdade de xénero e sobre todo ver imaxes de San Clodio!!

Benvidos/as ao novo curso!

Dende do CEIP de San Clodio dámosvos a benvida a este novo e peculiar curso escolar 20-21.

Malia as inseguridades e incertezas que se nos presentan, imos a sacalo adiante todos xuntos, non teñades ningunha dúbida. Para comezar con bo pé, aquí temos o menú do comedor deste mes de Setembro para ir abrindo o apetito. 

Bo proveito!

Medidas Prevención Comedor Escolar

Medidas de prevención ante o Covid para o Comedor Escolar para este curso 2020/2021

Distribuir contido


by Dr. Radut