Skip to Content

Celebramos o Día de Rosalía!

O día 23 conmemoramos o día de Rosalía, muller importantísima para o noso idioma e a nosa cultura.

Nenos e nenas de primaria fixeron un mural con anaquiños dalgúns dos poemas máis coñecidos das súas obras, así como outras actividades a nivel de aula.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes.

Un saúdo.

Proceso de admisión de alumnado para o curso 22-23

Desde o próximo día 1 e ata o 21 de marzo, ambos inclusive, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro.

Estas solicitudes estarán dispoñibles na web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ así como no propio centro, presentándose as mesmas de xeito presencial en dirección ou por sede electrónica. 

Ante calquera dúbida, acudide ao centro ou chamade sen problema. 

Un saúdo. 

Jonathan. 

 

Menú do mes de marzo

Deixámosvos o menú do mes de marzo.

Bo proveito!

https://drive.google.com/file/d/1W9LrB2kldhmJar56aSAtOxAp1dRqzwVD/view?u...

Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2022

O día 11 de febreiro conmemoramos no cole o día da muller e a nena na ciencia. Para elo contamos coa visita dunha xeóloga do Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel.

A charla de onte estivo adicada a Infantil e o primeiro grupo de Primaria e titulábase: "Xeólogas, Xeoparque e terremotos".

Foi unha sesión moi interesante na que aprendemos moitas cousas!

Aquí tedes algunhas imaxes.

https://drive.google.com/drive/folders/1skA7l98P1MLveXQZ0lPUmxKQIYSHNmIS?usp=sharing

Un saúdo.

Día da PAZ 2022

Hoxe conmemoramos o Día da Paz e a Non Violencia.

Pola mañá tivemos unhas sesións de contacontos moi divertidas. Pola tarde fixemos unha actividade grupal cantando a canción de Macaco "Mensajes del agua" e despois cada neno/a pegou a súa gota de auga nun mural.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes, agardamos que vos gusten!

A maiores, no enlace que segue, tedes acceso ao video do momento no que cantamos a canción. 

https://drive.google.com/file/d/1UEfsa6IMCMx8nhJKhEUBiwlNukv4p8HC/view?u...

Un saúdo.

Test de Antíxenos

Bo día. 

Achegáronsenos dende a Xunta uns test de antíxenos (saliva), para poñer á vosa disposición no caso de que os vosos fillos/as sexan contacto estreito dun positivo por COVID no centro escolar. 

De darse o caso de existir un positivo nunha aula e estar o voso fillo/a notificado como un contacto estreito do mesmo, poderedes solicitalos en dirección.

Ante calquera consulta, non dubidedes en preguntar. 

Un saúdo. 

Jonathan. 

Menú do mes de febreiro

Deixámosvos o menú de febreiro.

Bo proveito!

Menú do mes de xaneiro

Deixámosvos o menú do primeiro mes do ano.

Bo proveito!

VACACIÓNS DE NADAL

Este trimestre chegou o seu fin e hoxe, como poderedes ver nas imaxes adxuntas, fixemos actividades moi divertidas.

Dende o CEIP de San Clodio queremos desexarvos a todos e todas un Bo Nadal e un próspero

 Aninovo en compañía dos vosos seres queridos.

Vémonos o ano que vén!

Menú do mes de decembro

 Deixámosvos o menú do derradeiro mes do ano. 

Bo proveito!

Distribuir contido


by Dr. Radut