Skip to Content

TALLER XEOLÓXICO

Hoxe, continuando coas actividades da semana dos Xeoparques, realizamos un taller xeolóxico no centro sobre o Sistema Solar.

A verdade que foi unha actividade  moi amena e interesante!

MENÚ DO MES DE XUÑO

Deixámosvos o menú do mes de xuño.

Bo proveito!

II ENCONTRO XEOPÍCAROS

O Xeoparque Montañas do Courel está a celebrar a Semana dos Xeoparques.

Hoxe convidáronnos,  xuntos co resto de centros educativos da comarca que integra o Xeoparque, ó II Encontro de Xeopícaros.

O encontro tivo lugar na igrexa da Ermida (Quiroga), onde nos falaron da importancia xeolóxica e arqueolóxica do emprazamento así como da historia e tradición das emblemáticas figuras do Meco e as Pampórnigas. De seguido, fixemos unha ruta de sendeirismo ata a ponte de Villaverde.

Adxuntamos algunha imaxe deste marabilloso encontro.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Infórmase da publicación no Diario Oficial de Galicia do día 18 de maio de 2022, a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar, destinada ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en  centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022-23.

ORDE DO 29 DE ABRIL

Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.   

 

  AXUDAS PARA ADQUISICION DE LIBROS DE TEXTO

 Alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional 1º (discapacidade maior ou igual 65%) e na disposición adicional 2º (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE).

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Alumnado de todos os cursos de educación primaria.

 

DOCUMENTACIÓN

 

- Solicitude de participación (Anexo I)

- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

- Copia do libro de familia ou documento equivalente.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

As solicitudes pódense tramitar preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados (ED330B anexos I e II) nos seguintes enlaces:

- Na aplicación  da Consellería de Educación FONDOLIBROS 

 

- Na sede electrónica da Xunta de Galicia

 

ou de forma presencial na SECRETARÍA do centro onde estén admitidos para o curso 2022-2023, presentando os seguintes impresos, que tamén estarán a disposición no centro:

Anexo I: 

 

Anexo II

 

Letras Galegas 2022

Onte (17 de maio) celebrouse o día das Letras Galegas, adicadas este ano a Florencio Delgado Gurriarán. No cole realizamos diferentes actividades para conmemorar esta data.

Adxunto vos mostramos algunhas imaxes.

Horto escolar

Os alumnos de 6º de EP continuaron traballando no noso horto.

Aquí vos deixamos unha mostra das tarefas realizadas.

Listaxe definitiva de admitidos para o curso 2022-2023

Estimadas familias. 

Xa está publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva co alumnado con praza asignada no proceso de admisión 2022/2023. Igualmente, poderedes acceder a esa información de xeito telemático na aplicación de admisionalumnado con certificado dixital ou con chave 365. 

De tódolos xeitos, informamos de que todas as solicitudes teñen praza concedida. 

A matrícula realizarase do 20 ao 30 de xuño. 

Un saúdo. 

 

Saída ao Courel

No día de hoxe (10 de maio), o alumnado de Primaria do CEIP de San Clodio, realizamos unha saída ao concello veciño do Courel. 

Alí aproveitamos para pasar unha calorosa pero divertida xornada coñecendo algúns puntos significativos da zona como o Castro da Torre e as proximidades do pozo das Mulas paseando á beira do río Lor. 

Da man dun experimentado guía, coñecemos algunhas das particularidades biolóxicas e xeolóxicas da contorna, facendo ademais un pequeno percorrido que nos levou ata o pobo de Sobredo, após do cal recobramos enerxías comendo na ribeira do río. 

Achegámosvos algunhas imaxes do estupendo día de hoxe!

MENÚ DO MES DE MAIO

Deixámosvos o menú do mes de maio.

Bo proveito!

DÍA DO LIBRO

O sábado 23 de abril conmemorouse o Día do libro, dende o cole fixemos unha árbore con pequenos fragmentos dos nosos libros favoritos.

Así de fermosa nos quedou!

Distribuir contido


by Dr. Radut