Skip to Content

Actividades de Relixión Católica para todos os cursos

A profesora Pilar envíavos unhas actividades sobre a súa materia, Relixión Católica. Dentro están especificado as tarefas para cada curso escolar.

Actividades para Educación Infantil

No blog http://aventureirosdeinfantil.blogspot.com/ tedes a vosa disposición unha nova proposta de actividades para o alumnado de educación infanti realizada pola titora Ana. 

 

Tarefa para todo o alumnado

1. Debuxar e pintar un arco da vella.

2. Escribir enriba ou debaixo do debuxo a seguinte mensaxe: #todosairáben.

3. Pegalo na fiestra ou no ascensor do edificio.

 

Esperamos volver a nosa escola pronto e ver eses fermosos debuxos. (Sacádelle foto para facer un collage).

Aviso modificación do Prazo de Admisión de alumnado para o curso 2020/2021

Estimadas familias:

A vista da declaración de estado de alarma ante a crise sanitaria do COVID-19, modificase o prazo de solicitude para o proceso de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2020/2021.  

Amplíarase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. 

Recoméndase, dende a Consellería de Educación, a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación de solicitudes.

Para calquera dúbida e/ou consulta podedes contactar coa directora do centro no correo electrónico do colexio: ceip.sanclodio@edu.xunta.es

MENÚ COMEDOR ESCOLAR MARZO 2020

Boas tardes, en arquivo adxunto deixámosvos o menú correspondente ao mes de Marzo de 2020. Tamén vos lembramos que o día 19 do devandito mes é día non lectivo.

Bo proveito, un saúdo!

ENTROIDO 2020

Dende o Ceip de San Clodio desexámosvos un entroido cheo de maxia e diversión. En adxunto vos deixamos unha imaxe que resume as actividades que realizamos nestes últimos días traballando baixo o Proxecto de Hogwarts. Agardamos que vos guste.

Lembrarvos tamén que os próximos días 24, 25 e 26 son días non lectivos por mor da festividade de entroido. Voltamos o xoves día 27 de febreiro.

Bo entroido, unha aperta!

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ (30 DE XANEIRO)

Hoxe no Ceip de San Clodio celebramos o Día da Non Violencia e da Paz.

En adxunto vos deixamos unha imaxe da xornada.

Un saúdo!

MENÚ COMEDOR ESCOLAR FEBREIRO 2020

Bo día, en adxunto vos deixamos o menú do comedor escolar para o vindeiro mes de febreiro.

Recordade que os días 24, 25 e 26 de dito mes non son lectivos por celebrarse a festividade do entroido.

Ata a próxima!

MENÚ COMEDOR ESCOLAR XANEIRO 2020

Bo día, en adxunto vos deixamos o menú do comedor escolar correspondente ao mes de Xaneiro.

Un saúdo.

BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO

Dende o Ceip de San Clodio desexávosvos un bo nadal e un moi próspero aninovo 2020!

Voltamos o día 8 de xaneiro.

Unha aperta!

Distribuir contido


by Dr. Radut