Skip to Content

Día da árbore e da auga

O 21 de marzo, ao entrar a primavera celebramos ao carón do rio Sil, na área recreativa da Pena da Mula en San Clodio o DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA.

Ao loureiro que prantamos puxémoslle "Xulio César", por que será?.

Regámolo ben e agora teremos que coidalo.

Un libro un amigo

Visita a biblioteca no teu tempo de lecer.


CEIP San Clodio

PEREXILEANDO

O noso cociñeiro Javier.

Din alá por Riotorto que para nacer o perexil ten que ser sementado polas mans dun pícaro. Neste caso non foi un só cativo senón os 15 alumnos e alumnas da aula de infantil os que, polo mes de setembro, sementaron nunha maceta esta culinaria.

Pasado o tempo e a piques de entrar no mes de Nadal, temos unhas fermosas plantiñas que estamos a transplantar reutilizando as garrafas baleiras da auga que consumimos no comedor escolar. 

Imos colocando as macetiñas entre o dobre ventanal do comedor esperando que, na primavera, Javier (o noso Arguiñano da Frieira),  poida empregar nos seus pratos este interesado agasallo que lle fixemos.

Galicia Encantada

 

O pasado curso colaboramos con Antonio Reigosa na súa enciclopedia na rede "Galicia Encantada podes ver o que publicou aquí.

 

ANDURIÑA 2012-2013

VISITA Á FUNCACIÓN TIC DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

O pasado martes, 29 de mayo realizamos unha viaxe de estudios co patrocinio da Excema. Deputación Provincial de Lugo a través do programa Km0. Visitamos o Pazo de San Marcos, sede da Deputación, a Fundación TIC e os concellos de Abadín, Alfoz e Mondoñedo para facer a ruta de Pardo de Cela.


Os amigos da Fundación TIC fixeron un video que poder ver pichando aquí.

Menú Mes de Outubro de 2011

Novo Menú, esta a vez o do mes de Outubro.

MENÚ MES DE SETEMBRO DE 2011

COMEZAMOS UN NOVO CURSO, E CON EL NOVOS E DELICIOSOS MENÚS.TÓDOLOS MESES VOS DEIXAREMOS AQUÍ UN NOVO MENÚ.


QUE APROVEITE!

Distribuir contido


by Dr. Radut