Skip to Content

Visita Anxo Moure

O pasado día 8 de Novembro tivemos a visita de Anxo Moure, o cal realizou uns talleres co alumnado traballando temas relacionados coa importancia do coidado do medio ou a Paz cos máis cativos, mentras que cos maiores traballaron temas relacionados coa violencia e o acoso. Pasámolo xenial! 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita Anxo Moure

Talleres contra a violencia de xénero

O alumnado de 4°, 5° e 6° de primaria foi convidado polo concello a realizar uns talleres contra a Violencia de Xénero co lema " Agresión OFF eu digo non á violencia sexual". Analizaron vídeos, diferentes situacións, refráns, que dalgunha forma agreden ou menosprezan á muller. Posteriormente realizaron diversos xogos relacionado co devandito tema. Pasámolo moi ben !

Álbum: Curso 2023-2024 -> Talleres contra a violencia de xénero

Celebramos o Samaín

O pasado venres 27 de Outubro, como xa sabedes celebramos o Samaín no cole e o magosto. A verdade que foi un día moi intenso e divertido. 

Ademáis aproveitamos para resolver o concurso dos Monstros Terroríficos, no que participastedes dunha maneira excepcional e da cal dende o centro apreciamos e agradecemos moitísimo a implicación e a magnífica dedicación que tivestedes tanto aos nenos e nenas como ás familias!

Para resolver este concurso fixemos unha votación na cal os nenos e nenas votaron os monstross dos seus compañeiros e compañeiras, resultando así un gañador de cada clase. Tamén para agradecer a participación a todo o alumnado déuselles un diploma, e aos gañadores/as un pequeno agasalllo.

Por último tamen realizamos uns pequenos xogos relacionados co magosto e onde o noso alumnado puido divertirse e desfrutar dunha xornada moi lúdica e festiva!

A continuación deixamosvos unhas pequenas imaxes!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Samaín

Día das bibliotecas

O pasado día 24 de Outubro celebramos o día da biblioteca, onde todos os grupos traballaron na biblioteca e os maiores fixeron de conta contos aos máis pequenos.

Que ben o pasamos !

Álbum: Curso 2023-2024 -> Día da biblioteca

Menú do mes de Novembro

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Novembro.

Bo proveito!

Concurso de Samaín

Bos días familias! Achegámosvos o terrórifico cartel que fixemos para o noso concurso de Samaín. Como xa sabedes, este ano decidimos optar pola creación duns terroríficos monstros. No cartel tedes toda a información!

 

 

 

 

OS 3 ANOS DE LUCAS

Nesta semana a aula de Educación Infantil estivo de festa. Despois de traballar moito co centro de interese do outono, celebraron o aniversario de Lucas que por fin xa ten 3 aniños! Os seus compañeir@s fixéronlle un debuxo cada un de agasallo, cantaron a canción e sopraron as candeas da tarta máis bonita e rica de todas! Dende logo, foi o rei da aula! Moitos parabéns, Lucas!!!

CAMIÑO DE INVERNO!

O pasado 6 de outubro, tivemos o pracer de participar na VI andaina escolar xunto con outros colexios da contorna. Unha actividade moi enriquecedora para o alumnado, xa que se favorecen os hábitos de vida saudable como é o deporte.

Así mesmo, puidemos ver a paisaxe do outono con preciosos carballos e sobre todo gozar dunha parte do camiño de inverno tan importante na nosa zona coa peregrinaxe. Que ben o pasamos!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Camiño de Inverno

Menú do mes de Outubro

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Outubro.

Bo proveito!

IMOS DE VENDIMA COS MÁIS PEQUES DO COLE!

Na aula das estreliñas estivemos moi traballadores estes días de setembro. A contorna que nos rodea está ligada a tradicións da vendima e por iso decidimos realizar unha no noso cole.

Para iso, profundizamos sobre esta temática, coñecimos as uvas, onde nacen, como se recollen, de que cores as hai… e preguntáronse que se podería conseguir a través delas.

Así pois, para averigualo non hai mellor forma que a experimentación. Desta maneira coas nosas mans e dediños, machacamos as uvas e démonos conta que podiamos extraer zume de uva!!

Esta actividade é moi sensorial xa que activa todos os sentidos, aprendendo deste modo a través das diferentes canles sensoriais, ao mesmo tempo que traballamos motricidade fina, fomentamos a importancia do traballo en equipo e sobre todo… aprendemos xogando!!

Que ben o pasamos!!!

Grazas peques polo voso traballiño!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Vendima
Distribuir contido


by Dr. Radut