Skip to Content

Visita ao museo do ferrocarril

A pasada semana o día 20, realizamos unha visita ao museo do ferrocarril situado en Monforte de Lemos, onde puidemos coñecer os traballos que se realizaban neste sitio e coñecer un pouco máis da súa historia. Incluso puidemos dar unha pequena viaxe no tren, pasámolo xenial!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Museo do ferrocarril

Charla sobre o tabaquismo

A semana pasada o alumnado de 4º, 5º e 6º curso de educación primaria recibiu unha charla sobre os aspectos prexudiciais do tabaco na saúde. Fixeron un experimento onde simulaban uns pulmóns manchados de alquitrán por causa do tabaco, onde podían observar que estes pulmóns filtraban peor o aire que uns sanos. Para isto usaron dous filtros de café, un manchado  con caramelo por dentro e outro limpo.

Tamén representaron situacións onde un alumno/a ofrecía tabaco aos outros/as, e estes tiñan que pensar a maneira máis axeitada de dicir que non. 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Charla tabaquismo

Charla sobre educación vial

O pasado martes 12 de Marzo, veu a visitarnos ao colexio Félix, que nos deu unha pequena charla sobre educación vial. Tamén nos contou a súa experiencia persoal, e fixo fincapé na importancia de que sexamos cidadáns responsables para movernos con seguridade dentro da noso contorno. Moitas grazas Félix pola túa visita !!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Charla educación vial

TRABALLANDO A FLOTACIÓN!

 Na aula de Infantil seguimos co noso proxecto da auga. Nesta ocasión, tocounos aprender e experimentar sobre o proceso da flotación. Para iso, utilizamos diferentes obxectos que atopamos na aula como por exemplo; tesoiras, pelotas, lapis, pinturas, botóns... Unha vez elixidos os nosos útiles, un por un tiveron que botalos na nosa mesa sensorial chea de auga para comprobar se se afundían ou no caso contrario se flotaban. Antes de sabelo, fixemos algúns interrogantes e preguntamos aos máis pequenos se eles pensaban que flotaban ou non. Ao principio non acertaron moito pero despois xa se deron conta cales tiñan máis posibilidades de non afundirse, é dicir os que o seu peso é menor que o empuxe. Logo, co aprendido o amosamos nunha ficha e se algún discente non se lembraba soamente tiña que volver cara a mesa sensorial para comprobar se estaban os obxectos flotando ou non. En resumo, foi unha actividade moi divertida, interesante, manipulativa e motivadora para eles xa que todo o que ten que ver coa auga xa sabedes o que pasa.... É DIVERSIÓN ASEGURADA!! Grazas unha vez máis polo voso traballo Estreliñas!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Flotación

DÍA DA MULLER

O pasado día 8 de Marzo celebramos o día da muller no colexio, onde persoal do concello veu a visitarnos e puideron elaborar de maneira conxunta un pequeno mural para conmemorar este día. Cada alumno/a pintou unha pequena bolboreta que posteriormente pegou no mural. Que ben o pasamos!

 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Día da muller

SEMANA DA PRENSA

A semana do 4 ao 8 de marzo conmemorouse á semana da prensa. Polo tanto, na aula das estreliñas fixemos unha serie de actividades cos periódicos. Primeiramente, fixemos unha choiva de ideas e de coñecementos, como por exemplo, que é un diario, para que sirven, que información hai neles… Unha vez que tivemos resposta a estes interrogantes que eles mesmos contestaron visualizando diferentes xornais, elaboramos un collage con varios recortes que fixeron dos xornais. Nel, puidemos aprender que aparece o tempo que vai nese día como cando o facemos na asemblea. Polo tanto decidiron recortalo e pegalo na cartolina. Logo, descubriron películas do cine, deportes, xogos, roupa e a programación da televisión. Por outra banda o que máis lles gustou foi buscar letras para formar a frase de “Día da Prensa”, xa que tiñan que atopar no periódico unha D, unha i…. e foi unha proposta moi divertida e motivadora para traballar a lectoescritura dunha maneira moi constructivista. Por último, decoramos a nosa inicial do noso nome con recortes de xornais abordando deste modo o concepto de dentro - fóra e a estructuración do espazo. Sen dúbida, o volvimos pasar moi ben traballando en equipo.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Semana da prensa

PROXECTO DA AUGA!

Neste trimestre estamos envoltos nun novo proxecto, neste caso o da auga e que terá continuación á volta das vacacións. Así pois, unha vez que coñecimos diferentes aspectos sobre a auga como por exemplo que “gota a gota a auga se agota” e características como se ten olor, sabor e cor, decidimos facer un experimento. Para realizalo temos que botar auga nun vaso e logo canela, tan sinxelo como iso e sabedes que pasa se metemos un dedo dentro? Todas as estreliñas dixeron que se ían a mollar. Porén… tivemos unha sorpresa moi grande.. NON SE MOLLABA O DEDO!! E isto como é posible? A resposta é doada. A canela actúa como unha substancia hidrofóbica, é dicir, que as súas moléculas non poden interactuar coas moléculas da auga e polo tanto non se molla. A verdade é que unha vez máis os máis pequenos do cole o pasaron xenial facendo o que máis nos gusta.. APRENDER XOGANDO!! Grazas estreliñas polo interese que amosades sempre!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Proxecto da auga

Charla educación sexual

O pasado 28 de febreiro , tivo lugar unha charla sobre ED. Sexual, por un médico sexólogo, para o alumnado de 5 e 6 de primaria. Na devandita charla, aprenderon sobre os cambios que vai realizar o seu corpo. Os alumnos puideron resolver dúbidas e curiosidades sobre o seu corpo.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Charla educación sexual

ADMISIÓN CURSO 24/25

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

DO 1 AO 20 DE MARZO. 

MODO DE PRESENTACIÓN: 

1. PRESENTANDO A SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO CENTRO (ANEXO II)

    ESTA PODE DESCARGARSE FACENDO CLICK NO ENLACE ANTERIOR OU BEN SOLICITALA NO CENTRO. 

2. CUBRINDO E PRESENTANDO A SOLICITUDE DE XEITO TELÉMATICO 

    A través da web ADMISIÓN 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR: 

- Documento que acredite a idade do alumno: DNI ou Libro de Familia. 

- Convenio regulador ou resolución xudicial de divorcio ou separación. 

Menú do mes de Marzo

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Marzo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut