Skip to Content

Listaxe de material Educación Infantil e Primaria

Bo día, a continuación adxuntamos a listaxe de material necesario para Educación Infantil e Primaria. 

Menú do mes de Setembro

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Setembro.

Bo proveito!

 

Solicitude de comedor

Boa tarde, 

Veñen de publicar a instrucción de comedor para o ano curso que vén. Ao igual que o curso 22-23, as prazas de comedor son moi superiores ás da matrícula, polo que non haberá problema para dispoñer do comedor dende inicio de curso. 

Déixovos como adxunto a esta publicación o impreso para facer a solicitude (estará tamén dispoñible no centro) , o cal poderedes entregar no centro mañá martes ou o mércores en horario de 9:30 a 13:30. Igualmente, poderedes entregalo en setembro sen problema. 

Un saúdo. 

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS

Estimadas familias, 

Xa está publicada a listaxe definitiva coa relación de alumnos/as e libros que lle corresponden do fondo libros. Dita listaxe está dispoñible adxunta a esta publicación ademais de no taboeiro de anuncios do centro. 

Do mesmo xeito, poderedes recoller mañá martes e o mércores (en horario de 9:30 a 13:30) os vales de material e libros. De non facelo agora, entregaránse en setembro. 

Un saúdo. 

Fotos graduación

Bos días! A continuación deixámosvos a reportaxe fotográfica que se lles fixo aos alumnos e alumnas de sexto. Esperemos que as disfrutedes!

Facede click aquí.

 

Festival fin de curso

Boas a todos e a todas, como xa sabedes o verán xa chegou e con el a fin de este curso 2022/23. O pasado mércores, día 21 de xuño, tivemos o festival de fin de curso e a graduación dos nenos e nenas de sexto de educación infantil e os de sexto de educación primaria que pasan cara ao instituto.

 

No festival de fin de curso todo o cole dramatizou diferentes noticias do San Clodio News, o noso particular telexornal, nel houbo moitas celebracións pero sobre todo moitas risas.

 

A parte máis emotiva veu despois, nada graduación dos peques e non tan peques, nela vivíronse momentos moi emotivos e con sopresa incluída para os profes, que dende aquí queremosvos volver a agradecer todo o feito.

 

 

 

Esperamos que pasades un bo verán.

 

 

FELICES VACACIÓNS!

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Festival fin de curso

PRAZOS FONDOLIBROS

Fondo Libros

Publicación listaxe provisional: 29 xuño (no taboeiro de anuncios do centro)

Reclamacións a listaxe provisional: 30 de xuño e 3 de xullo

Publicación listaxe definitiva:  4 xullo (no taboeiro de anuncios do centro)

Entrega de libros do fondo:  A primeira semana lectiva de setembro

 

Axudas libros e material

Entrega de vales de libros de texto e material: 4 e 5 de xullo de 10:00 a 13:30 (as familias que non recollan o vale nestas datas terán que esperar ata setembro para recollelo).

 

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

SAN CLODIO NEWS

Onte celebramos o fin de curso no salón de actos do concello. Nel o alumnado do centro dramatizou o telediario de "San Clodio News". 

Para que poidades volvera desfrutar del deixámosovos os vídeos do mesmo.

 

Facede click aquí para atopar toda a información de onte!Guiño

Excursión fin de curso

Bos días! O pasado luns, 19 de xuño, nos fumos de excursión a Lugo para celebrar que remataba este curso 22/23. 

A visita comezou de maneira separada, o alumnado de infantil, primeiro, segundo e terceiro foi a pasalo xenial a Diverland park. Un parque de camas elásticas que combina as mesmas con outras actividades como a escalada, tirolina, baloncesto... Mentres tanto o resto, dende cuarto a sexto foron ó rocódromo a escalar un pouco.

Unha vez rematas as diferente acitividades xuntámonos para comer no parque, e acto seguido fumos a coñecer ao noso pobo tocallo, San Clodio. Neste caso visitamos oa chamado Bosque Máxico, un bosque no que as protagonistas son unhas formigas feitas a partir de materiais reciclados.

 

Dende logo todo este día foi unha máxica aventura. Deinxámosvos moitas instantáneas para que as podades desfrutar!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Excursión fin de curso

Matrícula curso 23-24

Dende o día de hoxe (20 de xuño) e ata o 30 deste mesmo mes, teredes o prazo aberto para formalizar a matrícula de cara ao vindeiro curso 23-24.

Deste xeito, aqueles que foron aceptados no proceso de admisión, deben presentar no centro a solicitude que se achega en anexo, a cal tamén estará dispoñible no colexio. 

Un saúdo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut