Skip to Content

IMOS DE VENDIMA COS MÁIS PEQUES DO COLE!

Na aula das estreliñas estivemos moi traballadores estes días de setembro. A contorna que nos rodea está ligada a tradicións da vendima e por iso decidimos realizar unha no noso cole.

Para iso, profundizamos sobre esta temática, coñecimos as uvas, onde nacen, como se recollen, de que cores as hai… e preguntáronse que se podería conseguir a través delas.

Así pois, para averigualo non hai mellor forma que a experimentación. Desta maneira coas nosas mans e dediños, machacamos as uvas e démonos conta que podiamos extraer zume de uva!!

Esta actividade é moi sensorial xa que activa todos os sentidos, aprendendo deste modo a través das diferentes canles sensoriais, ao mesmo tempo que traballamos motricidade fina, fomentamos a importancia do traballo en equipo e sobre todo… aprendemos xogando!!

Que ben o pasamos!!!

Grazas peques polo voso traballiño!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Vendima


album | by Dr. Radut