Skip to Content

PROXECTO DO OUTONO EN INFANTIL

A aula das Estreliñas estivemos inmersos na experimentación coa chegada dunha nova estación o Outono.

Primeiramente, dimos resposta sobre o “que sabemos do outono” e o que “queriamos saber”. Así pois, a partir dos coñecementos previos do grupo – aula, fomos investigando sobre esta estación, dende a roupa e o tempo metereolóxico, ata os animais típicos, cores e froitos desta época tan bonita do ano, dando resposta así ao noso interrogante.

Para iso, partimos de diferentes contos como por exemplo: “Xaime e as landras”, “El ladrón de hojas”, “En Otoño Castañas”.. entre outros, achegándonos á lectura.

Desta maneira, elaboramos un novo espazo na aula chamado o “Museo do Outono”. Nel foron aparecendo por sorpresa follas de diferentes formas, cores, tamaños…; tamén froitos propios da estación como castañas, abelás, améndoas, cogomelos, landras, noces e piñas.

Con estes elementos, ademais de afondar nas súas características: similitudes e diferenzas, realizamos actividades de lóxica matemática gozando cos números de forma práctica, funcional e divertida.

Por último, tamén explotaron a súa vea máis creativa pintando cada un e cada unha a súa piña coa cor preferida do outono, xa que somos uns ARTISTAS!

Moitas grazas Estreliñas polo voso traballo, interese e illusión que demostrades cada día.

 

Pasámolo moi ben!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Proxecto de Outono


album | by Dr. Radut