Skip to Content

Letras Galegas 2019

14/05/2019 19:25
Europe/Madrid

Este ano 2019 homenaxeamos a Antón Fraguas.

Antón Fraguas dedicou a vida ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. 

A biografía de Antonio Fraguas é un percorrido por boa parte da historia galega do século XX. Entrou en contacto desde moi novo co galeguismo, cando estudou bacharelato en Pontevedra, unha etapa decisiva no rumbo que seguiría.

Foi, de feito, un dos fundadores, en 1923, da Sociedade de Lingua, nada co obxectivo de defender o galego e de elaborar un dicionario. Xa na etapa universitaria en Santiago ingresou, en 1924, nas Irmandades da Fala e colaborou co SEG, do que logo sería membro numerario.

Antonio Fraguas escribiu sobre xeografía, cunha proposta de comarcalización da que aínda se pode seguir tirando proveito; cultivou a historia, deixando biografías de personaxes ilustres como Murguía ou Castelao e a que foi a súa tese de doutoramento, sobre o Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela; e fixo tamén achegas á arqueoloxía. Pero o campo no que quizais máis destacou foi o do estudo da cultura campesiña, e en especial da súa parte espiritual. Festas, crenzas, romarías, cantigas, usos e costumes, dicires etc. aparecen nos seus ensaios e conferencias que eran, en palabras do profesor Eiras Roel, non só amenos relatos, senón unha manifestación temperá e adiantada para Galicia do que hoxe se deu en chamar a historia das mentalidades.

Parece que este ano estamos a renderlle homenaxe a un dos grandes da defensa da lingua. É por iso a nos no colexio nos pareceu un bo xeito de estar a súa altura reflexar de algunha forma o noso amor pola lingua escribindo palabras en galego que nos gustan ou nos resultan bonitas.

Fixemos entre todos os alumn@s e profesores un mural que aqui vos deixamos onde recollemos estas verbas queridas.

 

 



event | by Dr. Radut