Skip to Content

Blogues

BENVID@S A UN NOVO CURSO

UN CURSO MÁIS, EMPREGAREMOS ESTE BLOG PARA COMPARTIR ALGUNHAS PROPOSTAS E ACTIVIDADES QUE LEVAMOS A CABO TANTO NA AULA COMO A NIVEL DE CENTRO E TAMÉN FÓRA DO MESMO, QUE SUPOÑAN EXPERCIENCIAS DE APRENDIZAXE PARA AS NOSAS CRIANZAS.

A AULA, COMO ESPAZO FÍSICO E DE CONVIVENCIA, ONDE COMPARTIMOS MOITAS EXPERIENCIAS E APRENDIZAXES, É UN RECURSO A TER EN CONTA NO SEU DESEÑO E ORGANIZACIÓN, NO QUE O ALUMNADO DEBE SENTIRSE AGUSTO. TAL É ASÍ QUE SE REALIZARON ALGÚNS CAMBIOS E, PARECE QUE RESULTARON DO SEU AGRADO OU POLO MENOS XERARON SORPRESA NAS CRIANZAS CANDO ENTRARON POR PRIMEIRA VEZ NA AULA.

      

INICIO DE CURSO 2024-2025: PRIMEIRA SAÍDA DO 1º CICLO.

O pasado 17 de outubro o Concello de Teo invitouno a asistir a unha representación teatral no noso auditorio municipal. Gozamos vendo os “OS CONTOS DO LOBICÁN”

“Os contos do Lobicán” é unha historia en verso, áxil e atrevida que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.

 

Encantouno e pasámolo xenial !

FINAL DE CURSO!

ESTE CURSO CHEGOU AO REMATE, E DENDE O COLE TIÑA QUE NOTARSE UN AMBIENTE DIFERENTE, FESTEIRO, LÚDICO, ESPECIAL PARA AS CRIANZASSorriso

EN COLABORACIÓN COA ANPA HOUBO COLCHONETAS PARA TODO O ALUMNADO E ESCUMA E O CICLO DE INFANTIL TAMÉN COMPARTIRON UNHA MERENDA DE FESTA.

       (clica nesta imaxe para ver moitas máis)

 

PREPARANDO UNHA RICA ENSALADA

                         

 

PARA SEGUIR APROVEITANDO E DESFRUTANDO DAS VERDURAS QUE SE PLANTARON NO HORTO, PREPAROUSE UNHA RICA ENSALADA E UNHAS PATACAS PARA MERENDAR:

- RECOLLIDA DAS PATACAS E DAS DEMAIS VERDURAS: REMOLACHA, PEPINO, CABACIÑO, CEBOLA, CHÍCHAROS, RÚCULA, LEITUGA E ALGÚN AMORODO

          (clica na imaxe seguinte para ver máis)

    

- LAVADO DAS DISTINTAS VERDURAS E PREPARACIÓN EN CADEA, COA AXUDA DE TOD@S 

 

 

- DEGUSTACIÓN DA ENSALADA

PRACTICAMENTE QUEDARON OS PLATOS BALEIROSSorriso

VISITÁRONNOS OS BOLECHAS

GRAZAS AO CONCELLO DE TEO, OS BOLECHAS, ESAS PERSONAXES CREADAS POR PEPE CARREIRO, MOI QUERIDAS POLAS CRIANZAS, VISITARON O NOSO COLEXIO, ACOMPAÑAD@S DAS DISTINTAS PERSONALIDADES, PARA PRESENTARNOS E AGASALLARNOS CUN NOVO LIBRO E CADERNO DE ACTIVIDADES, QUE FALA DE TEO.

O ALUMNADO DE INFANTIL E DE 1º CICLO DE EP, QUEDARON ABRAIAD@S CANDO CHEGARON AO SALÓN DE ACTOS ONDE ESTABAN AGARDANDO POR ELES

A NOSA QUERIDA ROSALÍA

AO LONGO DESTA SEMANA, AS CRIANZAS DE 4 ANOS- B, QUIXEMOS FACER A NOSA PEQUENA HOMENAXE Á GRAN ESCRITORA GALEGA, ROSALÍA DE CASTRO, POLO SEU ANIVERSARIO, O 23 DE FEBREIRO.

*  LEMOS ALGÚNS DOS SEUS POEMAS E OS ESCOITAMOS MUSICADOS POR DIVERSOS ARTISTAS QUE PERMITÍAN COÑECER ESTILOS MUSICAIS DIFERENTES (SEGUINDO COA TEMÁTICA DA MÚSICA, DO PROXECTO ANUAL):

   - "ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES"- POR AMANCIA PRADA E ASTAROT,

   - "NEGRA SOMBRA"- POR LUZ CASAL

   - "TECÍN SOIA A MIÑA TEA"- GUADI GALEGO

   - "ROSALÍA PEQUENIÑA" OU "MAIO LONGO"- POR UXÍA SENLLE

* ORDENAMOS AS PALABRAS PARA COMPOÑER ALGÚNS TÍTULOS DE POEMAS SEUS. PARA ISO, SEGUNDO OS NIVEIS MADURATIVOS DAS CRIANZAS, TIÑAN QUE LER A PALABRA, OU IDENTIFICAR A CAL LETRA COA QUE EMPEZA OU REMATA E OUTRAS NO MEDIO DA PALABRA,...

    

* COMPLETAMOS ALGUNHA ESTROFA NA QUE FALTABAN PALABRAS OU SE SUBSTITUÍAN POR IMAXES, CO OBXECTIVO DE PRACTICAR A ESCRITURA CONTEXTUALIZADA.

* DECORARON UN MARCAPAXINAS DA AUTORA, NO QUE SE ACOMPAÑABA UN POEMA E UN CÓDIGO QR, PARA ACCEDER E ESCOITAR DITO POEMA MUSICADO

  

* LEMOS INFORMACIÓN SOBRE A VIDA DA ESCRITORA E LOCALIZAMOS NO MAPA DE GALICIA OS LUGARES NOS QUE NACEU E MORREU. E CALCULAMOS NA SERIE NUMÉRICA CANTOS ANOS TIÑA CANDO MORREU.

   

* FALAMOS DO LEMA DESTE ANO "O AMOR DA PATRIA GALEGA", DECORAMOS E ORDENAMOS AS SÚAS LETRAS E CADAQUEN DECOROU UN CORAZÓN PEGANDO DENTO UN RETRATO DE ROSALÍA, COMO SÍMBOLO DO AMOR E AGRADECEMENTO POR TODO O QUE SUPUXO PARA O NOSO IDIOMA; O GALEGO. ASÍ AXUDAMOS A ILUSTRAR UN FERMOSO MURAL COLECTIVO NA ENTRADA DO COLEXIO QUE TOD@S PODÍAN OBSERVAR.

           

* APROVEITAMOS PARA INICIARNOS NO COÑECEMENTO DO TEXTO POÉTICO: AS RIMAS, AS ESTROFAS, OS VERSOS, A ESTRUCTURA DUNHA POESÍA. EMPREGAMOS O POEMA "PARECE UNHA ROSA", ILUSTRADO POR ISABEL PINTADO, E CADA CRIANZA FIXO UN DEBUXO DA SÚA FIGURA HUMANA E PEGARON ARREDOR DA CARA PÉTALOS SIMULANDO UNHA ROSA OU UN REPOLO, TAL COMO FALA NO POEMA.

      

* VISIONAMOS, ENTRE OUTROS, UN VIDEO NO QUE OS BOLECHAS NOS CONTARON COUSIÑAS DESTA ESCRITORA DO REXURDIMENTO.

 

* O CONCELLO FÍXONOS CHEGAR O MANTEL CO POEMA "CALDO DE GLORIA", E AS CRIANZAS NO COMEDOR TAMÉN PUIDERON DEGUSTAR UN CALDIÑO, OUTRA FORMA DE HOMENAXEAR Á ESCRITORA. ASÍ COMO TAMÉN O FIXERON NOS LOCAIS HOSTALEIROS, OFRECENDO COMO TAPA DURANTE O DÍA DO SEU ANIVERSARIO, O  23 DE FEBREIRO

APROVEITAMOS A LER E FALAR DO POEMA E DEBUXAR O RETRATO DA ESCRITORA

  

 

SEMANA DO 8 DE XANEIRO

VOLTAMOS COMEZAR O 2º TRIMESTRE, NESTA OCASIÓN RELIZANDO PROPOSTAS RELACIONADAS COA ESTACIÓN DE INVERNO, SEGUINDO CO COÑECEMENTO DA SERIE NUMÉRICA E DO DESCUBRIMENTO DAS LETRAS,... DE XEITO GLOBALIZADO

-- ALGÚNS AGASALLOS ESTABAN AGARDANDO NA AULA

APROVEITAMOS A XOGAR COS PAPEIS DOS ENVOLTORIOS E A ESTREAR OS NOVOS XOGOS

 

 

-- TEMÁTICA DO INVERNO

* VOCABULARIO: VISIONADO DE BITS SOBRE PRENDAS PROPIAS DA ESTACIÓN, DICINDO EN QUE PARTE DO CORPO SE POÑEN

  TAMÉN APROVEITAMOS PARA ORDEAR AS LETRAS DO ABECEDARIO E LOGO IDENTIFICAR AS INICIAIS DAS PALABRAS NOMINATIVAS DO VOCABULARIO TRABALLADO

* ADIVIÑA: DO PARAUGAS. ADEMAIS DE ESCRIBIR A SOLUCIÓN, CADAQUÉN DECOROU O SEU DE XEITO LIBRE; DESEÑOS CREATIVOS

* TRABALLAMOS TAMÉN SOBRE O POEMA "CANDO FAI MOITO FRÍO", DE CARMEN CALVO, TENDO QUE ASOCIAR A IMAXE DAS PRENDAS QUE APARECEN COA SÚA TARXETA OU ESCRIBINDO O SEU NOME, ADAPTANDO A ACTIVIDADE AO NIVEL MADURATIVO DAS CRIANZAS.

 

-- LOXICAMATEMÁTICA: SEGUIMOS PROPOÑENDO ACTIVIDADES QUE AXUDEN A TOMAR CONCIENCIA DOS NÚMEROS; DA SÚA POSICIÓN NA SERIE NUMÉRICA, DA SÚA REPRESENTACIÓN EN UNIDADES E DECENAS, DA DESCOMPOSICIÓN EN SUMAS DO MESMO Nº, MEDIANTE O CONTEO E ASOCIACIÓN CO CARDINAL,...

  

 

   

 

CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL

CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL.

Un nadal máis, participamos na xa XIX edición desta interesante iniciativa, onde ademais do concurso con distintas categorías, o realmente importante e interesante é que durante todas as vacacións e ata o 14 de xaneiro, todas as obras das criaturas de E.I. teñen expostas os seus creativos traballos.

 

Desta volta, non nos podemos sentir máis orgullosas e orgullosos pois recoñecéronse varios galardóns en distrintas categorías.

 

Parabéns a todo o alumnado polo seu traballo que poderedes ver nas fotografías.

 

Mirade a Álvaro gañador da categoría de debuxo, a Thyago na categoría de pintura, a Yanira en collage e a Mateo na de construcción, con que orgullo reciben a súa linda escultura, creada específicamente para o certame.

 E premendo nesta imaxe da exposición ou aquí, podedes observar todo o laborioso proceso das fantásticas creacións.

          

MOITOS PARABÉNS!!

NESTE MES DE NOVEMBRO, DIEGO E EMMA ESTIVERON DE ANIVERSARIO E, COMO NOUTRAS OCASIÓNS, COMPARTIMOS UNHA MERENDA PARA FESTEXAR CON ELES ESTA DATA TAN ESPECIAL.

XA SON 4 ANIÑOS PARA ESTES PEQUES!

                 MOITOSSSSS PARABÉNSSSS!!!Sorriso

 

SEMANA DO 23 AO 27 OUTUBRO

Comporto algunhas das propostas nas que andivemos traballando nesta semana:

- LOXICAMATEMÁTICA; ordenando a serie numérica cunha alfombra e logo representación da cantidade correspondente, aproveitando elementos que temos nestes momentos no recuncho de outono

  

- DÍA DAS BIBLIOTECAS: quixemos poñer en valor esta data a nivel educativo, pois a biblioteca é un recurso moi importante que se pode usar para fomentar a competencia lingüística; lugar de lectura de contos, de busca de información en calquera proxecto, coñecemento de distintos textos de uso social,... De feito, dende a nosa biblioteca, comunicáronnos que neste ano o tema proposto dende a asesoría de bibliotecas escolares, sexa a BANDA DESEÑADA, por iso deixáronnos un exemplo, xunto co cartaz que nos comunicaba ademais que, dende o cole se propuxo como proxecto anual, a MÚSICA.

Nós aproveitamos a falar do cartaz onde aparecían as nosas mascotas, da biblioteca e do comando verde: se viramos algunha vez os cadrados e bocadillos que nel aparecen, que pensaban que era a música e onde poderíamos buscar para saber máis, cales eran as normas para asistir a unha biblioteca,... Polo que neste curso, faremos a nosa aportación a ambos temas, aprendendo sobre a música e sobre a banda deseñada.

Aproveitamos a ler o fermoso conto "León de biblioteca", ed. Ekaré e a facer un tempiño de goce e lectura individual cos contos da biblio de aula.

  

- O MONSTRO DE AULA: aproveitando que se achega a data do Samaín, creamos o noso particular monstro. Para iso, entre todos e todas, coas ideas aportadas sobre os elementos e características que querían que tivese esta personaxe de medo, foise votando para chegar a unha proposta final.

Despois, cadaquen debuxou dita personaxe, coas mesmas indicacións para tod@s, e así o manifestaron nas súas creacións, tal como se pode ver na seguinte imaxe.

                

 

- FROITOS SECOS:  esta semana tocou a degustación de froitos secos propios da estación de outono, xa que moitas crianzas descoñecen moitos deles e tampouco os probaran.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut