Skip to Content

Blog de biblioteca

Toponíma no Camiño de Inverno -Monforte de Lemos

 

O alumnado de 5ºA de Relixión en consonancia co lema das Bibliotecas Escolares do curso actual, “A Biblioteca ten a palabra” informa en  Radio Forte sobre algúns topónimos localizados no Camiño de Inverno ao seu paso polo Concello de Monforte.

Dous Podcast informativos que tamén quere ser unha homenaxe a nosa lingua na conmemoración das Letras Galegas.

Para escoitar os podcast fai clic no reproductor:

 

 

OBRADOIRO DE RADIO CON DAMIÁN DE PONTE NAS ONDAS

 

O mércores 4 de maio o alumnado de 4º participa activamente nun obradoiro de Radio con Damián de Ponte nas Ondas.

 

Damián animou ao noso alumnado a coñecer un pouco máis en profundidade o mundo da radio e a participar na elaboración dun programa de proba.

 

O obradoiro organizouse en tres partes:

 

  • 1ª parte: Dicción e proxección da voz, dinámicas de interpretación da nosa voz.

 

  • 2ª parte: Coñecer técnicas de gravación: como gravar con mais calidade, sen ruídos, como traballar co programa Audacity.

 

  • 3ª parte: Elaboración dun programa en directo, traballando en parellas previamente o guión de elaboración propia.

 

Aquí tedes unhas imaxes e o pódcast realizado:

 

 

 Si queres escoitar o programa realizado durante este obradoiro fai clic no noso logo.

 

Día do Libro 2022

Como cada 23 de abril, para render homenaxe á literatura e fomentar a lectura entre a poboación, celébrase o Día do Libro .

Un ano máis a nosa biblioteca sumase a esta homenaxe. Nesta ocasión intentando achegar e por en valor A PALABRA a través dos libros e amosando como as persoas poden acceder a esa PALABRA: linguaxe escrita, oral e  Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación (SAAC).

Aproveitando os libros existentes na biblioteca e a boa disposición, profesionalidade e excelente formación de tres profesoras especialistas do centro (Lety, Sandra e Sonia) a última quincena de abril o alumnado coñecerá a existencia destes libros e terá contacto, a través da poesía, con poemas en Braille, Pictogramas e LSE.

A través da poesía e dos libros, pretendemos sensibilizar e dar a coñecer a existencia de nenos e nenas, como eles, que para gozar da lectura precisan a axuda de diferentes sistemas de comunicación aumentativos e/ou alternativos (SAAC).

Sensibilización que se estende tamén ao coñecemento das necesidades das persoas que precisan estes sistemas de comunicación, como detectar esa necesidade, como brindarlles a nosa axuda...

 

En definitiva, uns obradoiros, baixo o lema “Información, formación, pracer e solidariedade“  para promocionar e fomentar a formación, a  lectura e a inclusión e así saber brindar acompañamento cando sexa necesario e na xusta medida.

Parabéns a estas tres compañeiras polo seu traballo, moi ben valorado polo alumnado e profesorado asistente.

E como non, o noso AGRADECEMENTO pola sua altruista implicación.

GRAZAS!

CRISTINA NOVOA, Acompañar na lectura do mundo!

O pasado 5 de abril, grazas ao Programa Lectura e Familias,  tivemos o privilexio de poder asistir ao obradoiro formativo, "Acompañar na lectura do mundo!", impartido por Cristina Novoa.

Cristina Novoa, mestra durante 24 anos, con formación en Filoloxía castelá, francesa e galega e Asesora de Bibliotecas Escolares de Galicia desde 2003 ata a súa recente xubilación.

Un referente no eido da xestión e promoción das bibliotecas escolares, así como na formación do profesorado de Galicia na área de bibliotecas escolares e promoción da lectura, promovendo encontros e xornadas formativas.

Formou parte do Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, da Comisión Técnica de Bibliotecas Escolares, do Grupo Estratéxico para o Estudo Prospectivo da Biblioteca na Nova Entronización informativo e social e do Grupo de Traballo GTALFIN.

No contexto de todas estas funcións é autora de numerosos textos publicados de carácter didáctico e artigos sobre literatura infantil e bibliotecas escolares, e formadora e loitadora, por excelencia, dado que participou en numerosas conferencias, seminarios e outras actividades de formación do profesorado e se esforzou por lograr o apoio institucional e mudar as políticas lectoras, o modelo de biblioteca escolar como centro de recursos lectores, fomentar a lectura e as alfabetizacións múltiples... 

Unha interlocutora moi formada que acompañándose da súa experiencia persoal e profesional amosounos a importancia da lectura, a importancia de ler o mundo, de acompañar e escoitar, de non impoñer, etc. 

Un obradoiro moi ameno e interesante, acompañado co agasallo deste útil díptico.

 

 Grazas Cristina!

 

2 Abril: D. M. Autismo

A cor azul converteuse nun símbolo do autismo, xa que, dalgún xeito, representa o que as familias e as persoas con esta condición viven a diario.

Aventurín vistése de azul para conmemorar este día 

 

Un día de merecido recoñecemento a todas as persoas con autismos e as súas familias.

Recoñecemento que, este ano, manifestamos a través da música e a poesia. 

 

Canción un amigo sin igual

Canción Puentes azules por el autismo

Canción Feliz Fanny Lu

  • Poesía: HUMANO

Humano es una bella poesía sobre autismo escrita por Tere Acosta sugerida a personas y niños con autismo.

 

Pertenezco al género humano.

Nací de un óvulo

unido a un esperma

Me pertenezco a mí mismo.

También al mundo.

Sin importar

si mi paso es lento

mi oído silente

mi vista obscura.

Carezco de un miembro

o de mente sin razón

Puedo cambiar

el color de mis ojos

la forma de mi cabello.

Adoptar otro nombre,

tener distinta bandera

seguir diferente religión.

Si un pájaro vuela

por todo un continente

si un pez cruza todos los océanos

la liebre corre traspasando fronteras

¿Por qué un papel define mi inteligencia?

¿Mi creatividad, o mi expresión?

¿Por qué un número mide la riqueza humana?

¿Su valor o su posición?

Sueño el día

que solo importe:

El color del alma,

Los propósitos de las acciones

El brillo de la mirada

El amor que exista en un corazón

Respiro, hablo, pienso, amo

Soy HUMANO

 

  • TE AMO

 

  •  KAIKUS, unha forma de poesía tradicional xaponesa, que consiste nun poema curto xeralmente baseado no asombro e na contemplación da natureza:

 

 

 

Biblio Lectores no recreo

 

 

Biblio Lectores no recreo

 

Tras o obradoiro de poesía, os equipos de colaboradores da biblioteca comezaron a súa andaina lectora polas aulas durante a hora de lectura.

Este mes o libro elixido foi o poemario, Versos de Deportes.

 

 

 

Durante o mes de abril continuaremos con esta actividade lectora que ben acollida foi polo alumnado receptor.

Parabéns!!!!

 

DÍA DA POESÍA

 

  O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, data elixida pola UNESCO para recoñecer o valor da arte poética como símbolo da creatividade humana, e honrar a todas as persoas que loitan cada día por crear un mundo mellor utilizando só as palabras como ferramenta.

  Para conmemorar esta festividade  tres ex-profesores do centro (Mari Carmen, Antonieta e Luís), con poético corazón, aceptaron a nosa invitación de participar nun obradoiro de poesía, dirixido ao alumnado de primaria, coordinado polo poeta e profesor do centro, Luis Ahijado Gómez.

 

 

  

 

 Aquí tedes unha pequena reportaxe deste importante obradoiro.

 

 

Dende o equipo de biblioteca e a nivel de centro, valoramos moi positivamente este obradoiro e a colaboración altruísta destes tres ex-proferores, a vez que destacamos a implicación ilusionante do profe-poeta Luis.

 

Agardamos, froito deste obradoiro, poder espertar o espírito poético do alumnado.

 

 

Visita á fábrica-museo de calzado Creaciones Rama

 

O Alumnado de 5º, este venres 18 de marzo, visita a fabrica-museo de calzado Creaciones Rama, situada no barrio monfortino de As Cruces.

 

Trátase dunha das máis importantes fábricas de calzado da Ribeira Sacra, en activo ata 2002, que se converte en museo gratuíto do calzado, da man do seu propietario don Ramón Pérez, quen frecuentemente recibe excursións de centros educativos, asociacións e colectivos varios.

A entrada nesta fábrica-museo é unha fermosa viaxe ao pasado grazas a que o seu propietario practicamente todos os días vai a fábrica e acende as máquinas, coa finalidade de manter en bo uso a maquinaria e o resto das instalacións.

Todo un privilexio coñecer todo o proceso de fabricación de zapatos e ver como seguen funcionando maquinas de máis de medio século de antigüidade, no lugar no que sempre estiveron, na propia fábrica, como se non pasase o tempo, xunto a zona de recepción de clientes, o despacho da dirección, a sa de mostrario de zapatos e botas, a mesa para deseñar os modelos e a de realizar os patróns...

 

 

Pero ademais, a esta fábrica orixinaria, don Ramón, incorpora unha  maqueta de 20 metros cadrados da cidade do Cabe cos seus edificios e monumentos máis representativos, unha colección de cámaras fotográficas e de vídeo... e incluso carteis da estación do tren de Monforte con preto de 100 anos de antigüidade.

 

 

Vaia o noso agradecemento a don Ramón Pérez, xubilado artesanal do calzado quen con 15 anos ten que facerse cargo do negocio familiar por falecemento de seu pai. Negocio no que traballará, xunto co seu irmán, de aí o nome RAMA, e posteriormente ampliará ata convertelo nunha das fábricas máis importantes da zona.

Trala súa xubilación decide manter vivo o legado da fabricación de calzado en Monforte a través desta fábrica-museo do calzado, contribuíndo así a que Monforte conte con dous museos representativos dos dous oficios tradicionais mais arraigados nesta cidade, os relacionados cos sectores do ferrocarril e o do calzado.

  

Grazas por este legado material e inmaterial.

Bibliocolaboradores artesáns

Semana Artesanal

Durante semana, semana dedicada a artesanía porque este sábado, 19 de marzo, día de San Xosé, patrón dos artesáns, grupos de bibliocolaboradores baixaron no recreo a biblioteca a realizar un par de actividades artesanais, unha relacionada coa madeira e os carpinteiros e outra cos oleiros.

 

Este foi o resultado.

  

 

As pezas realizadas están expostas na biblioteca coa finalidade de amosar creacións artesanais moi sinxelas, ao alcance de todos, realizadas polos seus compañeiros bibliocolaboradores  e fomentar a experimentación, o enxeño e creación artesanal de todo o alumnado.

14 Marzo: DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS

HOXE 14 DE MARZO CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS

 

La 40ª Conferencia General de la UNESCO proclamó el día 14 de marzo de cada año como Día Internacional de las Matemáticas.

Para este año 2022 se ha decidido que el tema sea Las matemáticas que unen / Mathematics Unites. Yulija Nesterova, Canadá, estudiante y proponente del tema señalaba «Las matemáticas unen», para señalar que es un lenguaje común que todos tenemos y un tema con el que encontrarnos». También destacamos lo que la portuguesa Carlos Simoes decía sobre el tema «Las matemáticas nos unen como criaturas sociales (las matemáticas, como herramienta tanto de la tecnología como educación, nos ayuda a crear vínculos entre nosotros, sin importar la geografía, la riqueza, el género, religión, etnia, etc …)» (Fuente: https://idm314.es/  )

 

 

 
   
  Lunnis de Leyenda: Ada Lovelace 

ADA LOVELACE: La 1ª programadora de la Hª.

 

ALGÚNS RECURSOS MATEMÁTICOS 

 

  • UN XOGO PARA INFANTIL

 

  • UN XOGO DE TARXETAS PARA PRIMARIA

 TARXETAS EN PDF

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut