Skip to Content

Proxectos

EXPOSICIÓN FIN DE PROXECTO ,“OS INSECTOS”

Rematados os obradoiros do 4 de xuño, ten lugar a montaxe dunha exposición de fin de proxecto na que se inclúen moitos dos traballos realizados durante o curso:

 

  • Biblioformigueiro viaxeiro, coa súa guia, o caderno de bitacora e un panel informativo

 

  • Ciclos de Vida dos insectos, nos que se amosan as etapas de crecemento e a metamorfose mediante:

 

    • figuriñas de aspecto realista representanse as 4 etapas de vida: ovo, larva, pupa e adulto.

 

    • tarxetas despregables coloreadas coa secuenciación do ciclo de vida de distintos insectos.

 

  • lapbook, libros expositores sobre abellas, formigas, mariposas e xoaniñas:
    • Elaborado pola profe Ana Jato para documentar informativamente este proxecto

    • Elaborados polo alumnado 

  • Libros de actividades realizado polo alumnado

  • Puntos de Lectura, marcadores informativos (co ciclo da vida e outras informacións) e decorativos (de cilp, esquina e voadores -mariposas e xoaniñas que se pousan sobre os libros indicando a páxina, poñendolle ás a lectura-

  • Fósiles elaborados polo alumnado de 2º A

  • Depredadores: mouchos elaborados polo alumnado de 1ºB

  • Arte Natural: insectos elaborados con elementos da natureza

 

  • Arte en papel: xoaniñas 3d,(2ºA) xoaniñas móviles (1ºB), marcadores (alumando de reli)

 

  • Arte visual: Mirando coas ás (Adriana - titora 3ºA)

  • Selección de libros dos nosos fondos

  • Un libro on line: Escarabajo con sangre (para visualizar na tele da biblio ou na casa)

 

  • Duplicados dos materiais expostos a disposición do alumnado interesado para coloerar e elaborar.

 

Agradecer a colaboración de toda a comunidade educativa e moi especialmente a do equipo de biblioteca (profesorado e alumnado bibliocolaborador).

Entre todos aprendemos un pouco mais sobre os insectos favorecendo a floración da nosa Árbore da Sabedoría 

 

 

 

4 DE XUÑO DÍA DOS INSECTOS - CON MOITA ARTE

Con  motivo da conmemoración do Día dos Insectos, Biblioforte organiza OBRADOIROS ARTÍSTICOS SOBRE INSECTOS:

  • O día 4 de xuño dous obradoiros de Arte Natural na biblioteca:

- durante o recreo o alumnado de primaria, que libremente optou por esta actividade, realizou fermosas creacións de insectos con prantas, follas, pauciños e/ou flores. Velaquí unha pequena mostra das creacións realizadas.

 

 

- posteriormente, durante a hora de ler, o alumnado de 5 anos pon a traballar a súa capacidade creadora.  Unha maravilla!!!

 

  • Última semana de maio: obradoiros de Arte con comida nas aulas de infantil.  Creacións artisticas de comida saudable, insectos con froitas. todo un éxito creativo e saudable como se pode ver nestas imaxes:

 

 

 

.............

 

 

 

 

Sesión fotográfica incompleta, fotografías pendentes.

PARABENS !!!!

 

 

4 DE XUÑO, DIA DOS INSECTOS - OBRADOIROS DE ARTE NATURAL

4 DE XUÑO DÍA DOS INSECTOS

Para conmemorar a festividade dos insectos realizaronse dous obradoiros de arte natural, un no recreo para o alumnado de primaria e outro na hora de ler para o alumnado de 5 anos.

Unha experiencia moi fermosa da que amosamos unha pequena reportaxe fotográfica.

 

 

 

 

 

Parabéns!

 

O BIBLIOFORMIGUEIRO VIAXEIRO

 Ao regreso do entroido o Biblioformigueiro viaxeiro comezou a súa andaina polas aulas que solicitaron a súa acollida e así coñecer dun xeito lúdico e presencial a vida das formigas:  alimentación, organización e capacidade construtora, entre outras cousas.

O alumnado de 2ºA e a súa titora Ana Jato encargaronse da organización das visitas as aulas e dunha presentación do mesmo.

Aquí tedes unhas imaxes da súa andaina educativa polas diferentes aulas:

 

 

 

Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia: Mujeres Entemólogas

El Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia fue proclamado en el 2015 por la Asamblea General de las Naciones Unidas con el fin de lograr el acceso y la participación plena y equitativa en la ciencia para las mujeres y las niñas.

Con motivo de esta celebración y en consonancia con el Proyecto de Centro sobre los insectos se elevora esta infografía en la que se destaca el importante papel de la mujer en la Entemología.

 

 

 

 

INSECTOS E OUTROS BICHOS NO PATIO DO COLEXIO

Comezamos o proxecto dos insectos da man do alumnado de 2ºA e a súa titora Ana Jato, que tras un proceso de investigación na aula e na biblioteca

saíron ao patio a realizar unha " mini beast hunt" que consistía en buscar diferentes animais no entorno  natural arredor da caseta e recoñecer os diferentes tipos de seres vivos, observando as suas características principais, clasificandoos logo en insectos e non insectos na aula e aproveitando para aprender o nome dalgúns deles en inglés.

Onte, martes, durante o recreo, este grupo de alumnos e a súa titora capitanearon os grupos de exploradores que quixeron sumarse a esta actividade organizada dentro da programación dos martes científicos que organiza a biblioteca.

1.- Insectos e outros bichos no patio do colexio

Comezamos cunha breve sesión informativa

Sesión de formación

Organizámonos en pequenos grupos de exploradores

 

 

 

 

 

 

Compartimos experiencias, aclaramos dudas e espuxemos os botes lupa para poder ver todos os bichiños atopados nesta breve saíada ao patio.

Fermosa experiencia, na que disfrutamos moito e aprendemos un montón.

Grazas !!!!

 

E ao chegar ao cole, unha visita inesperada agardávanos nas escaleiras

 

 

Menuda sorpresa!

 

 

Todos os que quixeron poideron vela durante o recreo. Logo voltou ao seu espazo habitual moi feliz.

 

 

 

Proxecto 23-24: Os insectos

Durante este curso, Biblioforte aposta por traballar nun proxecto educativo sobre os insectos para potenciar o coñecemento e a proctección dos nosos insectos, a dinamización do espazo esterior do centro, o contacto coa natureza, a alfabetización múltiple...

Aquí vai unha selección de recursos para ir empezando.

Ánimo!!!!

 

 

ARTESÁNS: Proxecto Documental Integrado 21-22

 

 

 

 ARTESÁNS NO PORTAL

 

 VOLUNTARIADO ARTESANAL

 

 

 

 FÁBRICA DE CALZADO 5º

 

 FÁBRICA DE CALZADO 6º

 

 QUEIXERÍA

 

 HOSTELERÍA ROSENDE

 OLEIRA OTILIA

 

 APICULTORA LORENA

 

 

 

O alumnado de 6º visita a fábrica-museo de calzado Creaciones Rama

 

O alumnado de 6º visitou esta semana o que hai décadas era unha das fábricas de calzado máis importantes da Ribeira Sacra é hoxe convertida nun museo gratuíto no que Ramón Pérez, zapateiro de vocación, mostra con orgullo as máquinas orixinais dun negocio que pechou hai anos pero que grazas aos seus coidados seguen funcionando perfectamente, un valioso patrimonio que merece ser visto e, sobre todo, explicado.

 

 Vaia o noso agradecemento a Don Ramón pola conservación e transmisión as novas xeracións deste patrimonio material e inmaterial.

 

 

 

Visita á fábrica-museo de calzado Creaciones Rama

 

O Alumnado de 5º, este venres 18 de marzo, visita a fabrica-museo de calzado Creaciones Rama, situada no barrio monfortino de As Cruces.

 

Trátase dunha das máis importantes fábricas de calzado da Ribeira Sacra, en activo ata 2002, que se converte en museo gratuíto do calzado, da man do seu propietario don Ramón Pérez, quen frecuentemente recibe excursións de centros educativos, asociacións e colectivos varios.

A entrada nesta fábrica-museo é unha fermosa viaxe ao pasado grazas a que o seu propietario practicamente todos os días vai a fábrica e acende as máquinas, coa finalidade de manter en bo uso a maquinaria e o resto das instalacións.

Todo un privilexio coñecer todo o proceso de fabricación de zapatos e ver como seguen funcionando maquinas de máis de medio século de antigüidade, no lugar no que sempre estiveron, na propia fábrica, como se non pasase o tempo, xunto a zona de recepción de clientes, o despacho da dirección, a sa de mostrario de zapatos e botas, a mesa para deseñar os modelos e a de realizar os patróns...

 

 

Pero ademais, a esta fábrica orixinaria, don Ramón, incorpora unha  maqueta de 20 metros cadrados da cidade do Cabe cos seus edificios e monumentos máis representativos, unha colección de cámaras fotográficas e de vídeo... e incluso carteis da estación do tren de Monforte con preto de 100 anos de antigüidade.

 

 

Vaia o noso agradecemento a don Ramón Pérez, xubilado artesanal do calzado quen con 15 anos ten que facerse cargo do negocio familiar por falecemento de seu pai. Negocio no que traballará, xunto co seu irmán, de aí o nome RAMA, e posteriormente ampliará ata convertelo nunha das fábricas máis importantes da zona.

Trala súa xubilación decide manter vivo o legado da fabricación de calzado en Monforte a través desta fábrica-museo do calzado, contribuíndo así a que Monforte conte con dous museos representativos dos dous oficios tradicionais mais arraigados nesta cidade, os relacionados cos sectores do ferrocarril e o do calzado.

  

Grazas por este legado material e inmaterial.

Distribuir contido


by Dr. Radut