Onte, 18 de novembro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, celebrouse a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2023 na que nos xuntamos 800 persoas dos equipos de biblioteca e docentes xunto a asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática deste curso "Unha biblioteca escolar en viñetas"
Unha xuntaza inaugurada pola Sra. Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Dona Judith Fernández Novoa, na que se falou do poder da banda deseñada como soporte para diferentes relatos, da ilustración como linguaxe poderosa... e do papel facilitador da biblioteca a través das novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura, da participación das familias...
Nesta ocasión a Asesoría de Bibliotecas Escolares contou por segunda vez co noso centro para compartir a nosa experiencia no eido da "Lectura e Voluntariado", onde participamaos coa presentación "Acompañamento e voluntariado fan todo moi doado"
Presentación que podedes ver aquí:
Con esta presentación amosamos un dos piares da nosa biblioteca, o voluntariado, voluntariado do alumnado de 5º e 6º (Bibliocolaboradores) e de toda unha comunidade educativa, que ao longo dos anos, ben aportando o mellor de sí facendo posible que a nosa biblioteca sexa mais acolledora, inclusiva, solidaria e funcional.
Persoalmente, como responsable do Equipo de Biblioteca do cole, quero dar as grazas a todos os que nos apoiades no traballo diario: ao alumnado, ás familias, ao persoal non docente (conserxe, cociñeiras, limpiadoras, coidadoras ...), o colectivo Lemos Le e por su posto a todo o profesorado e moi especialmente ao que forman ou formou parte do Equipo de Biblioteca. So coa colaboración de todos podemos ser una Biblio Forte. Grazas!
Grazas tamén á Asesoría de Bibliotecas por contar con nós e pola súa colaboración.
Parabéns a todos/as!