Skip to Content

Feito por nos

COMPARTINDO SABERES: Deseño Gráfico - Homenaxe a Akira Toriyama

Exposición: Ilustracións de Dragón Ball por Carlos e Óscar 

 Carlos M.L. (3ºA) e Oscar M.L. (5ºB) comparten con todos nós unha colección de ilustracións de Dragón Ball coas que aproveitamos para homenaxear e lembrar a Akira Toriyama (5 de abril de 1955, Nagoya - 1 de marzo de 2024, Tokio), recentemente falecido aos 68 anos.

Akira Toriyama, creador de Dragon Ball, un dos cómics xaponeses máis influentes e de maior circulación de todos os tempos. Dragon Ball é moi popular en todo o mundo e a serie de cómics tamén xerou versións animadas para televisión e películas.

A serie de estampas Dragon Ball abriuse en 1984. Segue as aventuras dun neno chamado Son Goku na súa procura de esferas máxicas que poidan defender a Terra dos humanoides alieníxenas coñecidos como Saiyans.

Parabéns aos nosos ilustradores por esta labor altruísta que está recibindo unha excelente acollida e valoración.

Grazas!

 

Día I. da Muller - Las cinco cerditas (teatro)

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, un grupo de alumnas de 6º representou a obra teatral "Las cinco cerditas", unha adaptación do conto tradicional dos "Tres porquiños".

How Electromagnets Work Educational Video in Light Orange Yellow Lined Style de reli sol

 

Fermosa representación! froito dun cuidado e laborioso traballo en equipo deste grupo de nenas que se encargaron de adaptar e escribir o guión, de ensaiar e organizar a posta en escea, compartindo interpretación e direción.

Parabéns!

MARTES CIENTÍFICOS: plastilina con olor a violetas

Un martes máis o alumnado de 1ºA e a súa titora Ana presentan un novo experimento.

 

Nesta ocasión o proceso de realización que se incorpora ao noso libro "Somos científicos" está escrito en inglés.

 

OS VENRES... UN CONTO: A cebra Camila polo Grupo de Teatro de 4ªB-R.

Amaia contaxia a súa ilusión de representar unha obra de teatro na biblioteca o venres, na hora do conto. Elixido o conto a representar os seus compañeiros (Óscar, Manuel, Montserrat, Julia, Fabio, Lucía e Andrea) non dudaron en sumarse ao proxecto, ainda que os ensaios eran no recreo.

Con moita ilusión e case sen axuda o resultado foi excelente.

 

 

 

 

Unha fermosa representación da Cebra Camila, para alumnado de primaria e infantil.

Tanto gustou que, por petición de profesorado e alumnado a nosa directora, foi preciso facer unha terceira representación para alumnado de primaria.

Parabéns!!!!!!!!!!

 

Grazas

 

 

DÍA DO LIBRO 2023: Investigación, Escritura e Oralidade, 3º Ciclo de Primaria.

"Lectura, Información e Aprendizaxe" folla de ruta das Bibliotecas Escolares na actualidade foi tamén a nosa guía para a celebración do Día do Libro 2023 baixo o lema "A escritura importa".

  • Investigamos e realizamos unha liña do tempo sobre a "Orixe e Evolución da Escritura"; alumnado de relixión

 

Continuará

 

 

DÍA DO LIBRO 2023: Escribimos Microrrelatos -2º Ciclo Primaria.

Para conmemorar o Día do Libro 2023, o alumnado do 2º ciclo de primaria opta pola escritura de dous microrrelatos, un por nivel.

Actividade coa que se busca fomentar e dinamizar a escritura, a sociliadización, o traballo en equipo, o coñecemento do entorno próximo e continuar profundizando sobre o papel da chegada e presenza do tren a Monforte a través dunha viaxe en tren:

  • UNHA VIAXE EN TREN POR MONFORTE, 3º de Primaria

 

 

 

 

  • UNHA VIAXE EN TREN POLA RIBEIRA SACRA, 4º de Primaria

 

DÍA DO LIBRO 2023: Infantil e 1º ciclo de primaria, Recomendacións e Acrósticos

Para conmemorar o Día do Libro

 

O Alumando de Infantil, coas súas titoras, elixiron na biblioteca un libro para recomendar.

Preséntannos orgullosos a súa portada.

 

Pola súa parte, o alumnado do 1º ciclo, coas súas titoras, escriben un acróstico do seu nome coas cualidades cos definen.

 

Dúas fermosas experiencias chulísimas coas que aprendemos moito.

 

XENIAL!!!

 

 

OS VENRES... UN CONTO: coa mamá de Martín Rello

O derradeiro venres do mes de abril tivemos a sorte de ter entre nos unha lectora moi especial e solidaria, a mamá de Martin, que nos leu un dos contos do seu fillo, A vaca que puxo un ovo.

Primeiro, durante o recreo, ao alumnado de primaria na biblioteca

 

 

E logo no parque de infantil durante a hora de ler:

 

MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR UN MOMENTO DE LECTURA CON NOS

XENIAL!!!

MARTES CIENTÍFICOS: Un Volcan

No mes de abril o alumnado de 1º A e a súa profe Ana, comparten na biblioteca un novo experimento.

Esta vez trátase dun volcán.

GRAZAS POR COMPARTIR

Grazas tamén aos nosos Colaboradores, sempre dispostos. 

E grazas a nosa Auxiliar de Conversa que colaborou traducindo ao inglés os materiais e o proceso de realización deste experimento, así como respostando ás dudas dos asistentes.

 

Como sabedes todos estes experimentos que se realizan na biblioteca vánse incorporando ao Libro Nós Somos Científicos, ubicado na biblioteca para ser consultado cando se queira.

 

Parabéns, un fermosa experiencia de solidaridade múltiple.

XENIAL!!!

 

 

DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE 2023

 

PRIMAVERA DE POETAS

    Un ano máis contamos coa colaboración do noso profe-poeta LUÍS AHIJADO GÓMEZ quen, na semana previa a celebración do día da poesía, realizou na biblioteca, durante a hora de ler, un obradoiro de poesía co alumnado de 5ºde primaria.

    Nesta ocasión trabállase a creación de tercetos coa temática da árbore.

 

 

   Realizadas as correccións necesarias, toca escribir os tercetos en forma de caligrama nas árbores.

 

   Organizándose para pegar as árbores cos poemas no corredor da biblioteca.

 

 

O resultado é espectacular, una verdadeira Primavera de Poetas, rexurde nas árbores con caligramas que decoran o corredor xunto a biblioteca, xunto a un poema do profe Luís, escrito para esta ocasión.

 

Ademais das creación literaria e artística os nosos poetas acompañaron ,lendo os seus poemas ,ao alumnado de 6º na tradicional plantación dunha ou varias árbores no DÍA DA ÁRBORE.

 

 

Como remate a ilustradora Julia, de 6º, le o poema do profe Luis.

 

 

Desexamos que este acto conxunto de poesía e plantación de árbores sexa o comezo de grandes poetas e persoas comprometidas coa natureza.

 

Agradecemos ao alumnado de 6º e ao equipo de Voz Natura a súa invitación. Fermoso momento!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut