Inclusividade, un dos grandes desafíos das bibliotecas na actualidade.
Dende Bibliotecas Escolares recibimos formación, asesoramento e apoio económico para pór en marcha un proxecto de inclusión social, para cubrir as necesidades lectoras, culturais e de acceso a información.
Proxecto no que traballamos en torno a catro grandes áreas: arquitectura, fondos documentais, servizos e formación.
Neste intre presentamos as novidades no referente aos servizos; unha información e sinalización pictográfica tanto na biblioteca como a nivel de centro.
Sinalización e información pictográfica que podedes ver no propio centro
ou consultar en BiblioforteDixital, nos seguintes enlaces: