Formación de usuarios
OBRADOIRO DE LECTURA E FAMILIAS CON DAMIÁN DE SOLO VOZ
Obradoiro para alumnado e familias nas que dun xeito práctico Damian amosou técnicas para contar e ler: modular a voz, xestos, dramatización...
Un obradoiro moi útil e participativo.
BIBLIOFORTE: PRÉSTAMO ONLINE
RECURSOS DE MEIGA: SOLICITUDE DE LIBROS ONLINE
Requisitos para ser usuario de Biblioforte:
- Pertenecer a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Monforte.
- Dispoñer dun número de lector:
- Todo o alumnado ten un nº de lector.
- Os adultos que desexen ter un nº de lector deberán solicitalo na biblioteca do centro ou a través do correo electrónico ebiblioforte@gmail.com
Acceso ao catálogo da nosa biblioteca:
- Entra no OPAC de Meiga do CEIP Plurilingüe de Monforte > ENTRAR
- Busca no catálogo (hai varias opcións de busca).
Solicitude de préstamo:
- Unha vez localizaco o título que sexa do teu interese cubre a ficha de solicitude de préstamo.
|
SOLICITUDE DE PRÉSTAMO |
|||
Nome, Apelidos: |
||||
Título do Libro: |
||||
Autor /Ilustrador: |
||||
Curso: |
NºL.: |
REX.: |
DEVOL.: |
- Envía a ficha de solicitude (seleccionar táboa, copiar e pegar) ao correo electrónico da biblioteca ebiblioforte@gmail.com
- O equipo de biblioteca entregará o pedido solicitado tan pronto este dispoñible.
Boa Lectura!
GALICIALE - LECTURA ONLINE
GaliciaLe > ACCEDER
GALICIALE é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.
Requisitos para ser usuario de GaliciaLe:
- ter o carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
- si non dispos de carné podes solicitalo:
- presencialmente nunha biblioteca pública.
- online no enderezo https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-memberentry.pl (no caso dos menores de 14 anos, o pai, nai ou persoa adulta responsable deberá asinar a solicitude presencialmente na biblioteca pública).
- ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil, etc.) e unha conta de correo electrónico.
Acceder ao catálogo: os usuarios rexistrados, coas súas claves, xa poden acceder ao préstamo de obras en formato electrónico en galego ou en castelá premendo na icona correspondente.
Video de presentación:
Boa Lectura!