Orientación
O Departamento de Orientación
QUE É?
É un servizo máis do CEIP Plurilingüe Monforte que forma parte esencial da actividade educativa e que ten a finalidade de asesorar ao alumnado, ás familias e ao profesorado, en aspectos relacionados coa acción titorial, os procesos de ensino e de aprendizaxe que teñen lugar nas aulas, o desenvolvemento persoal e social do alumnado e a atención á diversidade.
POR QUEN ESTÁ FORMADO?
- A Xefa do Departamento (A Orientadora)
- A Directora e a Xefa de Estudos do Centro.
- As profesoras de Pedagoxía Terapéutica.
- A profesora de Audición e Linguaxe.
- Os/as coordinadores/as de cada Ciclo (tres de E. Primaria e unha de E. Infantil).
¿QUE SERVIZOS PRESTA?
Colabora co profesorado e apoia a este na procura dunha maior calidade educativa.
Valora as necesidades educativas do alumnado e deseña e propón estratexias de intervención personalizada para lograr unha adecuada atención á diversidade.
Asesora ás familias no que respecta ás necesidades educativas dos seus fillos e fillas e facilita o diálogo e a colaboración familia-centro, en busca dunha oferta educativa para o alumnado, concreta e unificada.
Mantén contactos con outras institucións alleas ó centro que poidan reportar algún beneficio educativo para o Colexio: universidades, concellos, asociacións, etc.
ONDE ESTÁ?
Ten a súa sede na planta baixa do Colexio, no corredor da biblioteca .
QUE HORARIO TEN?
Ten o mesmo calendario (de setembro a xuño) e o mesmo horario (de 9:00 a 14:00 horas) có resto do Centro.
Previa cita, na sede do departamento ou no teléfono: 982 828314
A razón de ser do Departamento de Orientación consiste en “axudar”.
- Axudar a calquera membro da Comunidade Educativa: profesorado, familias e, por suposto, alumnado.
- Axudar en calquera tema ou aspecto que mellore a calidade educativa do Centro.
- Axudar para que a oferta educativa do CEIP Plurilingüe Monforte sexa xustamente a que necesitan todos e cada un dos seus alumnos e alumnas.
Boletín Novembro para pais e nais
Descarga el boletín
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/system/files/Boletin%20NOVEMBRO%202024.pdf