O pasado mércores 2 de outubro, o alumnado do noso centro participou na IV Andaina do Camiño de Inverno convocada pola Asociación de amigos do Camiño de Inverno.
Os máis pequenos realizaron un percorrido dende San Vicente ata o Parque dos Condes, mentres que os maiores de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria realizaron un tramo máis longo dende Reigada ata o mesmo parque.
Colgaremos en breve vídeos e presentación con fotos do evento.