Skip to Content

Premios

ENTREGA DOS PREMIOS DE POESÍA DE NADAL 2023 DO CONCELLO DE MONFORTE

 O xoves 15 de febreiro, pola mañá, asistimos a entrega dos Premios de Poesía de Nadal 2023 do Concello de Monforte realizado na Casa da Cultura de Monforte, onde os premiados recibiron de mans da Tenente de Alcalde Dª Gloria Prada os diplomas e agasallos correspondentes.

     

Parabéns o alumnado premiado e moi especialmente aos nosos participantes premiados:

categoría A: ata 8 anos:

   - 2º premio: alumnado de relixión de 3º B.

   - 4º premio: alumnado de relixión de 3ºA.

categoría B: de 9 a 12 anos:

   - 2º premio: Julia Piñeiro Vázquez.

 

Nota: Reportaxe fotográfico incompleto, fotos pendentes.

Parabéns moi especiais a nosa exalumna  Julia Gema González Romero, na actualidade alumna do IES Río Cabe, 1º premio na categoría C: de 12 a 16 anos, coa que nos agradou reencontrarnos.

E xa para rematar, dicir que agradecemos moito a calorosa acollida que recibimos, un agarimoso saúdo e uns radiadores que puxeron remedio á choiva que nos sorprendeu polo camiño.

Grazas!

 

Voluntariado Lector. Entrega de Diplomas

 

Onte, 30 de novembro, tivo lugar a entrega de diplomas a algúns alumnos/as  do Voluntariado Lector realizado o curso pasado polo alumnado de 6º no colexio.

 

 

 

Sentímonos moi orgullosos de vos.  Parabéns!!!!

Tristemente, a causa da pandemia non foi posible organizar a celebración de agradecemento  no colexio como nos gustaría, unha vágoa.

Que queremos agradecer aos equipos directivos e as persoas responsables da biblioteca, dos Centros Educativos onde estades escolarizados actualmente, a súa colaboración nesta entrega de diplomas e agasallos.

Grazas

VOLUNTARIADO DE LECTURA-A (Centros Seleccionados 2019-20)

 

ESTAMOS DE CELEBRACIÓN!!!

 

Acabase de publicar a resolución de 16 de xullo de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en referencia ás iniciativas denominadas VOLUNTARIADO DE LECTURA-A correspondente ao curso 2019-20, na que se seleccionan 10 centros galegos en función do interese e calidade das actividades realizadas polo alumnado de 5º e 6º que de forma voluntaria colabora coa biblioteca escolar en actividades de xestión, organización e lecturas compartidas.

 

O NOSO CENTRO É UN DOS 10 SELECCIONADOS

 

Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares organizarase no noso centro un obradoiro especializado para bibliocolaboradores e remitirase un diploma de recoñecemento aos bibliocolaboradores pola súa colaboración como acción de voluntariado cultural, así como material divulgativo do programa.

Desde o equipo de biblioteca dicir que estamos orgullosos do voso espírito solidario e colaborador. Grazas polo voso traballo e bo facer.

PARABÉNS BIBLIOCOLABORADORES!!!

Parabéns tamén a todo o alumnado colaborador das outras bibliotecas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut