Skip to Content

Familias

MOCHILAS VIAXEIRAS: FIN DA ANDAINA 23-24

 

Regresan a biblioteca as mochilas viaxeiras que durante o curso estiveron rulando en todos os niveis.

Unha mochila por aula, cada venres chegaban ao fogar do noso alumnado, para volver de novo o xoves seguinte e comezar unha nova andaina.

Esta semana as mochilas regresaron a biblioteca cargadas da enerxía das familias lectoras que gozan coa a lectura e comparten no caderno de bitácora a súa experiencia, comentando e ilustrando o libro que máis lles gustou, converténdose en verdadeiras xoias de animación lectora e canle para socializar e facer grupo.

 

A valoración positiva transmitida persoalmente e através do caderno de bitácora é un recoñecemento ao resforzo económico e organizativo realizado a principios de curso.

 

A continuación unhas imaxes, mostra da boa acollida desta actividade de dinamización lectora en familia:

 

 

 

 

...

 

Para Biblioforte é super importante contar coa colaboración das familias na fundamental tarefa de animación a lectura do noso alumnado.

Grazas familias por estar sempre dispostas a colaborar.

Moitas grazas!!!!

Feliz verán e pracenteiras lecturas.

 

 

LECTURA E FAMILIAS CON ANXO MOURE

Este martes, 28 de maio, tarde de Lectura e Familias na compaña de Anxo Moure e a súa ciclobiblioteca.

As 4 da tarde familias e nenos reunidos na pérgola agardan a chegada de Anxo Moure, que aparece  na súa bicibiblioteca tocando a pandeireta. 

 

Unha biciblioteca con moitos libros e un Anxo Moure con moitas historias e recursos que invitan aos nenos e nenas ao coidado do medio ambiente, a solidariedade e a aprender a gozar coa natureza, real (carballos, o canto dos paxaros... ) que nos invita a voar coa imaxinación: falar cos paxariños, coas xacías, sentir as apertas das árbores... 

 

 

 

E xa para rematar Anxo, sen presas, invitou a todos os nenos e nais a pasear na súa biciblioteca. As mamás asistentes participaron pedaleando levando aos nenos de paseo. 

 

Familia, lectura e natureza tres piares básicos.

 

   Unha gozada de tarde en familia. 

Moitas grazas Anxo por compartir con nos a túa bicibiblioteca, grande defensora da ecoloxía e a lectura.

Ata a próxima!

 

 

 

 

LECTURA E FAMILIAS CON ANXO MOURE

28/05/2024 06:58
Europe/Madrid

 VER-->

 

LECTURA E FAMILIAS CON MIGALLAS

Este xoves, 15 de febreiro, dentro do programa Lectura e Familias un obradoiro de animación a lectura en familia con 

Un obradoiro con contos que invitan a pensar (con miga)

Fomento da lectura a través de:

- teatralización de contos

- adiviñas cantadas "que cousa cousiña é..."

- dun libro imaxinario 

"colle un libro meu amigo ... imaxinate " co que nadamos, voamos, saltamos a corda ...

Biblioforte e Aventurín encantados de acoller estes obradoiros de fomento da lectura en familia. 

Agradecemos a implicación de Carlos e a participación de todas as familias que poideron asistir.

Boa lectura en familia!!!!

 

FAMILIA E LECTURA: CONTOS CON MIGA - GRUPO DE TEATRO MIGALLAS

15/02/2024 06:43
15/02/2024 06:43
Europe/Madrid

Biblioforte: Familias, selección de fondos.

 

Selección aberta a novas incorporacións.

OBRADOIRO DE LECTURA E FAMILIAS CON PABLO OTERO

Este martes, 30 de maio, a nosa biblioteca tivo o previlexio de acoller un obradoiro de creación de libros de autor a cargo de Pablo Otero.

Unha experiencia formativa enmarcada dentro do Programa Lectura e Familia no que participamos por segundo ano consecutivo e que nos permite renovar e ampliar recursos para as familias e ofrecer obradoiros formativos impartidos por grandes profesionais.

Nesta ocasión Pablo Otero amosounos unha chea de opcións para darlle vida ao material de refugallo que podemos atopar nas nosas casas e crear libros táctiles, visuais... que sirvan para unir a familia na súa elaboración aproveitando un tempo de lecer para crear fomentando a psicomotrocidade,

o traballo colaborativo, a expresión artística e oral, o coñecemento e conservación de historias próximas a familia, etc.

Pablo consegueu transmitir a súa propia ilusión vivencial na realización de libros de autor a todos os asistentes.

Tras unha breve exposición de libros de autor de creación propia, algúns moi sinxelos e outros expectaculares

foi espertando o interese e a creatividade dos asistentes

que se puxeron a crear en pequenos grupos familiares e/ou de amizade e en moi pouco tempo nos sorprenderon con grandes creacións, estupendas visualmente, pero sobre todo con moita mensaxe. Historias de familia, de vivencias, de recordos... compartidas ao remate con todos os asistentes.

Coñecemos o ritual dos pescadores para unha pesca abondosa,

historias relacionadas coa emigración,

 

 

co fútbol,

coa colaboración amistosa,

 

 

coa representación plástica das catro estacións,

 

entre outras.

Todas estas creacións estarán expostas na biblioteca durante unha semana.

 

 

Posteriormente serán entregadas aos seus creadores para a súa biblioteca de creacións propias.

 

Parabéns a todos os participantes e a Pablo Otero.

E como non o noso agradecemento a Bibliotecas Escolares que fomenta a formación e participación das familias no centro.

Grazas a todos!!!!

 

 

OBRADOIRO DE LECTURA E FAMILIAS CON SONIA HERMIDA

 

 

O día 9 de marzo, pola tarde, dentro do proxecto Lectura e Familias, Sonia Hermida imparte un obradoiro de animación a lectura en familia.

 

Dun xeito práctico transmite técnicas para fomentar a competencia matemática dos nenos a través de actividades moi sinxelas e a presentación dunha ampla selección de libros para todas as idades, libros moi atractivos que despertaron o interese de todos os asistentes, adultos e pequenos..

 

 

 


 

 

En breve incorporaremos algúns destes libros ao noso catálogo.

 

Un obradoiro moi interesante

 

Grazas a todos pola vosa ilusión e colaboración.

 

 

ACTIVIDADES DE COLABORACIÓN COMUNITARIA ON LINE

 Invitamos e animamos ás familias e ao alumnado a participar, desde o fogar, nas actividades dinamizadoras de Aventurín Club.

 

Para colaborar en Aventurin Club é preciso completar o formulario de inscrición e axuntar un PDF para arquivos de texto e imaxe ou indicar, en observacións,  a URL no caso de arquivos audiovisuais.

 

  

Ánimo!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut