Un dos piares da nosa biblioteca é facer partícipes a toda a comunidade educativa na nosa labor de dinamización lectora, cultural e de integración social, por iso organizamos unha exposición de insectos, invitando a comunidade educativa, especialmente a aquelas familias procedentes doutros países e culturas, que nos indicasen: como lle chaman na súa lingua materna ou noutra lingua que eles coñezan a estes insectos.
Non foi unha participación muy abundante, pero si moi interesante; un broche de honra para por fin ao noso proxecto dos insectos.
Grazas a todos os participantes por colaborar e compartir.
Última exposición coas creacións do noso alumnado realizadas durante o recreo.
Desde a biblioteca queremos fomentar o pensamento creativo e funcional a través do xogo. A evolución que fomos vendo ao longo do curso é unha mostra clara da importancia do xogo creativo no proceso de aprendizaxe.
Como ven sendo habitual a nosa biblioteca aposta por fomentar a igualdade de xénero fomentando a presenza de persoas destacadas nos distintos eidos.
Nesta ocasión tivemos a sorte de contar con:
Antía Díaz, a coñecida locutora de Radio Voz, grazas a xentileza da Consellería de Educación e Bibliotecas Escolares.
Sonía Hermida, periodista especializada en temas de educación e fomadora en comunicación, literatura infantil e fomento da lectura. Formación incluída no programa de Lectura e Familias.
Foi un pracer contar con vos. Grazas
Grazas tamén a todos os organismo que apoian a dinamización das bibliotecas e a formación dos seus usuarios.
O alumnado de 1º de Reli, realiza un abecedario con palabras que fomentan a paz.
Primeiramente puxemos en común que palabras consideramos que fomentan a paz.
Unha vez elixidas buscamos e coloreamos os pictogramas e, nalgúns casos, coa colaboración da profe Sonia e Bea, aprendemos como se di esa palabra en lingua de signos
Coas pombas portadoras de palabras de paz elaboramos un mini libro que pasará a formar parte das nosas creacións, un fondo moi interesante que día a día se vai ampliando.
Hoxe, 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, Biblioforte, sen esquecer o lema do presente curso “A biblioteca escolar ten a palabra”(o poder da palabra na narración oral, nas novas oralidades, nos medios de comunicación...) fai fincapé nun dos seus obxectivos fundamentais, a inclusión de toda a comunidade educativa, aumentando a colección de materiais inclusivos e actividades para unha mellor atención á diversidade .
A comunicación cos demais é unha das barreiras ás que se enfrontarán constantemente as persoas con necesidades educativas especiais e con problemas graves de audición e visión.
A linguaxe é a capacidade do ser humano para comunicarse mediante un sistema de signos ou linguaxe para el. A comunicación entre as persoas (transmisión e recepción alternativas de mensaxes entre persoas) realízase predominantemente a través da linguaxe oral, aínda que non exclusivamente xa que para as persoas con discapacidade en moitas ocasións non se pode utilizar estes medios. De xeito que establecen a comunicación por outros medios como o visual (sinais de tráfico, linguaxe de xordomudos ou bandeiras, fotografías, debuxos, xestos, etc.) e táctil (presión coa man ou o pé, lectura dos cegos mediante Braille, etc.).
A este tipo de linguaxes deberemos engadir os sistemas de comunicación aumentativo e alternativo:
-Sistema aumentativo de comunicación (cando si se pode falar con palabras pero podes usar poucas. Así que se necesita un sistema que aumente a nosa linguaxe. De aí sistema aumentativo)aumentativo
-Sistema alternativo de comunicación (usase este sistema cando a persoa non pode falar coas súa voz, así que precisa doutro sistema para comunicarse. Este sistema vai a ser unha alternativa, outra forma ou opción de comunicarse)
A continuación unha selección de materiais que nos invitan a reflexionar sobre a necesidade de comunicarse do ser humano e dos diferentes de sistemas de comunicación.
QUEREMOS SABER
EXPLICAR LA DISCAPACIDAD A LOS NIÑOS, EDUCAR EN LA INCLUSIÓN
APRENDAMOS SOBRE INCLUSIÓN DE LAS PCD
POR QUÉ ES TAN IMPORTANT EL BRAILLE
QUEREMOS LER
EN LINGUAXE BIMODAL
JOSÉ ESTÁ CONTENTO
TODOS A LA MESA
CANCIÓN COPO DE NIEVE
COMUNICACIÓN ALTERNATIVA: LENGUA DE SIGNOS
LA MAGIA DE LOS COLORES
ME HE PERDIDO
VOCABULARIO DE ME HE PERDIDO
EL SOL LLEGA TARDE
EL PASTOR MENTIROSO
SALTARINA
ROSA CARAMELO (narración oral en galego, texto castelá e lingua de signos)