Skip to Content

LECTURA E FAMILIAS CON ANXO MOURE

Este martes, 28 de maio, tarde de Lectura e Familias na compaña de Anxo Moure e a súa ciclobiblioteca.

As 4 da tarde familias e nenos reunidos na pérgola agardan a chegada de Anxo Moure, que aparece  na súa bicibiblioteca tocando a pandeireta. 

 

Unha biciblioteca con moitos libros e un Anxo Moure con moitas historias e recursos que invitan aos nenos e nenas ao coidado do medio ambiente, a solidariedade e a aprender a gozar coa natureza, real (carballos, o canto dos paxaros... ) que nos invita a voar coa imaxinación: falar cos paxariños, coas xacías, sentir as apertas das árbores... 

 

 

 

E xa para rematar Anxo, sen presas, invitou a todos os nenos e nais a pasear na súa biciblioteca. As mamás asistentes participaron pedaleando levando aos nenos de paseo. 

 

Familia, lectura e natureza tres piares básicos.

 

   Unha gozada de tarde en familia. 

Moitas grazas Anxo por compartir con nos a túa bicibiblioteca, grande defensora da ecoloxía e a lectura.

Ata a próxima!

 

 

 

 



page | by Dr. Radut