Skip to Content

VOLUNTARIADO DE LECTURA-A (Centros Seleccionados 2019-20)

 

ESTAMOS DE CELEBRACIÓN!!!

 

Acabase de publicar a resolución de 16 de xullo de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en referencia ás iniciativas denominadas VOLUNTARIADO DE LECTURA-A correspondente ao curso 2019-20, na que se seleccionan 10 centros galegos en función do interese e calidade das actividades realizadas polo alumnado de 5º e 6º que de forma voluntaria colabora coa biblioteca escolar en actividades de xestión, organización e lecturas compartidas.

 

O NOSO CENTRO É UN DOS 10 SELECCIONADOS

 

Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares organizarase no noso centro un obradoiro especializado para bibliocolaboradores e remitirase un diploma de recoñecemento aos bibliocolaboradores pola súa colaboración como acción de voluntariado cultural, así como material divulgativo do programa.

Desde o equipo de biblioteca dicir que estamos orgullosos do voso espírito solidario e colaborador. Grazas polo voso traballo e bo facer.

PARABÉNS BIBLIOCOLABORADORES!!!

Parabéns tamén a todo o alumnado colaborador das outras bibliotecas.

 



page | by Dr. Radut