Esta mañá o alumnado de infantil e o seu profesorado saíron visitar aos seus veciños e amigos os anciáns do Hogar San José, tal como quedamos o día que eles estiveron no colexio.
Nesta ocasión achegámonos a ver a súa fermosa horta e prantar fresas, unha actividade organizada en conxunto co equipo de Voz Natura e o persoal do Hogar San José, e a saudar aos nosos veciños e compartir unha agradable maña con eles.
Ao chegar dirixímonos á horta e agardamos con ilusión o momento de prantar,
cada neno prantamos unha fresa.
Logo fomos a pérgola, onde nos agardaban moitos anciáns, sentados en forma circular en cadeiras e cadeiras de rodas. Tíñannos reservada a parte central para podernos sentar e participar na celebración dos cumpreanos do mes.
Lucía foi nomeando, un por un aos cumpreaneiros,
Unha vez presentada a persoa de aniversario, un alumno entregáballe unha tarxeta de felicitación e facíanlle unha foto con marco de aniversario. Que bonito e ben organizado!
Logo cantamos todos xuntos: "Cumpreanos Feliz"
Ao rematar saudámolos a todos
Posteriormente, o noso amigo Manuel, fixo unha demostración de "Bailar o bastón"
E nos intentamos imitalo
Despois de bailar o bastón, xunto cos anciáns, cantamos "A saía da Carolina"
E logo, nos sós, cantamos dúas cancións: O Moucho e Os Maios
Chegada a hora de irnos, despedimonos dos nosos amigos, agardando volver pronto.
Ata pronto!!!
Vaia aquí o noso agradecemento máis grande a Madre Superiora que nos permitiu esta visita e nos agasallou con chuches, a Lucía que organizou o encontro, ao todo o persoal do centro que nos recibiu con tanto agarimo e como non aos nosos amigos os anciáns cos que compartimos uns momentos ben fermosos.
Unha aperta moi grande !!!!