Skip to Content

Blog de biblioteca

POESÍAS: "O MAGOSTO"

Compartimos con todos o expírito poético do alumnado de 5º B que apoiado pola súa titora Silvia elaboraron 6 fermosas poesías sobre o outono.

 

Parabéns!!!!

 

OS VENRES... UN CONTO: Teatro de Nadal

Este venres, 15 de decembro, 5 alumnas de 5º  e un alumno de 4º representantan unha obra de teatro sobre o Nadal.

Grupo teatral que se ocupou de forma autónoma do guión, producción, dirección e representación.

 

Parabéns!

 

Novembro mes da ciencia: a serpe do faraón

Rematamos o mes da ciencia cun experimento espectacular, a serpe do faraón. 

Comezamos mesturando bicarbonato de sodio, azucre glas e alcohol e facemos unha pílula.





Colocamos a pilula nun recipiente con area


cun chisqueiro acendemos e observamos


Parabéns ao alumnado de 4ºB de reli que compartiron con todos este experimento.


TIMBRE MUSICAL 2023-24 (1º Tr)

A Música, un ano máis, marcar as entradas, saídas e cambios de sesión no noso centro, coa finalidade de:

  • Mellorar o ambiente sonoro do centro substituíndo o son da sirena por fragmentos musicais, reducindo así a contaminación acústica.
  • Promover un clima positivo que motive a aprendizaxe e favoreza a convivencia de toda a comunidade educativa.
  • Integrar a especialidade de Educación Musical co resto das áreas e coas diferentes actividades complementarias realizadas durante o curso.
  • Concienciar sobre a diversidade cultural que aporta a música e fomentar o espírito crítico á hora de consumila.


A selección do repertorio estará vinculada ás diferentes situacións de aprendizaxe programadas dende a especialidade de Educación  Musical e coordinadas co resto de áreas e equipos dinamizadores.

Biblioforte colabora como centro de información e difusión tanto na propia biblioteca como a través Radioforte e de Biblioforte.

TIMBRE MUSICAL 2023-24:

Timbre musical setembro

Timbre musical - setembro 23 de reli sol Timbre musical outubro

Un ano máis a música para marcar as entradas do centro non só nos serve para dotar ao alumnado do coñecemento das pezas e xéneros musicais, senón que tamén contribúe a crear un ambiente estimulante para a aprendizaxe da convivencia no centro.

Timbre Musical - outubro 23 de reli sol Timbre musical novembro

Timbre Musical - novembro 23 de reli sol Timbre musical decembro

Timbre Musical - decembro 23 de reli sol

Radio Forte: Timbre musical do 1º trimestre

 

Timbre musical - xaneiro de reli sol

 

 

Exposición de Cogomelos e Plantas - 5º de Primaria

 O pasado 21 de novembro o alumnado de 5º primaria participou nunha xornada micolóxica formativa, organizada polas súas titoras, Aurelia e Silvia, coa presenza de Carlos, de Os Lactauros, un experto coñecedor de cogomelos.

Despois dunha charla informativa na biblioteca saen a buscar cogomelos nunha zona próxima ao colexio.

Durante a saída guiada, á que tiven a sorte de asistir, recibimos información sobre os cogomelos que fomos atopando, afianzando a información previamente recibida na biblioteca. Información contrastada e arroupada polo espírito protector dun amante da natureza, que transmite in sito, co seu exemplo, como favorecer a reprodución (tipo de contedor para recoller os cogomelos - con furados), como loitar contra a contaminación (contedor no que recoller restos contaminantes -plásticos, botellas...), como coller mostras das árbores (sen grandes estragos)... en definitiva, un comportamento cívico co noso entorno.

Unha saída guíada moi interesante na que ademais de cogomelos coñecemos o nome de moitas plantas e aprendemos a recoñecelas polas súas follas, a cor do tronco, etc.

De regreso ao centro, o alumnado, coa supervisión de Carlos e a colaboración da biblioteca, escribe unha tarxeta identificativa dos cogomelos atopados e tamén dalgunhas das plantas que vimos durante a ruta.

 

A biblioteca acolle con orgullo esta exposición informativa aberta a toda a comunidade educativa.

Grazas!

Parabéns!!!!

 

Xornada de Bibliotecas Escolares 2023-24

 Onte, 18 de novembro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, celebrouse a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2023 na que nos xuntamos 800 persoas dos equipos de biblioteca e docentes xunto a  asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática deste curso "Unha biblioteca escolar en viñetas"

 Unha xuntaza inaugurada pola Sra. Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Dona Judith Fernández Novoa, na que se falou do poder da banda deseñada como soporte para diferentes relatos, da ilustración como linguaxe poderosa... e do papel facilitador da biblioteca a través das novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura, da participación das familias...

 

Nesta ocasión a Asesoría de Bibliotecas Escolares contou por segunda vez co noso centro para compartir a nosa experiencia no eido da "Lectura e Voluntariado", onde participamaos coa presentación "Acompañamento e voluntariado fan todo moi doado"

 Presentación que podedes ver aquí:

 

 

Con esta presentación amosamos un dos piares da nosa biblioteca, o voluntariado, voluntariado do alumnado de 5º e 6º (Bibliocolaboradores) e de toda unha comunidade educativa, que ao longo dos anos, ben aportando o mellor de sí facendo posible que a nosa biblioteca sexa mais acolledora, inclusiva, solidaria e funcional.

     Persoalmente, como responsable do Equipo de Biblioteca do cole, quero dar as grazas a todos os que nos apoiades no traballo diario: ao alumnado, ás familias, ao persoal non docente (conserxe, cociñeiras, limpiadoras, coidadoras ...), o colectivo Lemos Le e por su posto a todo o profesorado e moi especialmente ao que forman ou formou parte do Equipo de Biblioteca. So coa colaboración de todos podemos ser una Biblio Forte. Grazas!

Grazas tamén á Asesoría de Bibliotecas por contar con nós e pola súa colaboración.

Parabéns a todos/as!

 

 

Martes científicos: Experimentos con auga

Este martes día 14, dentro das actividades dos Martes Científicos, presentamos na biblioteca 4 experimentos empregando auga:

  • a frecha que cambia de dirección - Refracción

  •   Laranxa que afunde ou flota - Flotación

A casca de laranxa contén moitas pequenas burbullas de aire que actúan como un "flotador", evitando que a laranxa se afunda.

  • Lápis que se curva - Refracción

  • Principio de Arquímides

Ata o próximo martes!

 

 

 

 

OS VENRES... UN CONTO: Con Xiana

O venres 3 de novembro a nosa contadora de contos foi Xiana.

 

 

Fermosos contos.  Grazas Xiana!!!

 

Proxecto Insectos: as abellas -martes científico

O pasado martes 7 de novembro o alumnado de 2º e a súa titora presentaron, dentro da actividade Martes científicos, un novo insecto, as abellas.

Amosaron o seu ciclo de vida

 

E invitaronnos a unha degustación de mel do caurel con tostas.

Riquísima!!

 

Ao rematar dous bibliocolaboradores fixeron entrega dunha vela feita con cera de abellas a Ana Jato, en agradecemento a súa implicación nas actividades dos Martes científicos,

 

 

e outra sorteouse entre o alumnado asistente.

Parabéns a todos por facer posible esta actividade tan divertida e  formativa!

 

10 DE NOVIEMBRE: DÍA MUNDIAL DE LA CIENCIA

LA CIENCIA EN EL CINE

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut