Localización, Dependencias, Organigrama, Noso cole
Equipo humano
Organos Colexiados
- Claustro de profesores, composto por 26 docentes
- Consello escolar. É o máximo órgano do centro e está integrado por:
- Directora, como presidenta.
- Xefa de estudios.
- Secretaria, con voz pero sen voto.
- 5 representantes do profesorado
- 4 representantes dos pais/nais
- 1 representante da ANPA
- 1 representante do Concello
- 1 representante do persoal non docente
- Comisión de coordinación pedagóxica (CCP), integrada polo Director, a xefa de estudios, orientadora e todo o profesorado.
- Equipos docentes: compostos polo profesorado que imparte clase nun mesmo nivel educativo.
- Equipo de biblioteca; Equipo Edixgal/ Tic; Voz Natura; Plurilingüe.
- Departamentos: a) de actividades complementarias e extraescolares, b) de normalización lingüística e c) de orientación.
Organos Unipersoais
- Directora
- Xefa de Estudios
- Secretaria
Equipo docente
Xeneralistas | Especialistas | Total | ||||||||
Infantil | Primaria | In | Fr | Mu | EF | PT | AL | Ori | Rel | |
4 | 11 | 2 | 1 | 1 | 2 | 2 | 1 | 1 | 1 | 26 |
Persoal non docente.
- 1 Cociñeira e 2 auxiliares de cociña.
- 2 Limpador/a;
- 1 Coidadora
- 1 Conserxe
Somos...
O CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos é...
Un colexio público, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparte a Educación Infantil e a Educación Primaria.
Un colexio que busca a formación integral e personalizada do seu alumnado.
Un colexio para todos/as, solidario e integrador, que persigue a mellor inserción de cada individuo na sociedade e que loita pola igualdade de oportunidades.
Un colexio participativo, democrático e pluralista para que toda a comunidade poida intervir na concreción dun modelo educativo de todos e de todas.
Un colexio crítico e comprometido na defensa de valores coma a xustiza, a amizade, o respecto, a solidariedade, a paz, a tolerancia, a liberdade, o coidado do medio natural e cultural...
Un colexio activo e creativo que prioriza aprendizaxes significativas, reflexivas e intelixentes, fronte ás pasivas e memorizadas mecanicamente.
O seu obxectivo é formar alumnos/as con capacidade de....
Comportarse de acordo cos valores básicos que rexen a vida e a convivencia: respecto, democracia, solidariedade, xustiza, tolerancia....
Domina-las habilidades instrumentais básicas: comprensión e expresión oral e escrita, en galego e en castelán, e cálculo matemático que lle permita a resolución de problemas da vida cotiá.
Actuar con autonomía nas tarefas habituais.
Adquirir habilidades sociais básicas para participar con plenitude nas actividades interpersoais e grupais.
Coñece-lo patrimonio natural e cultural máis próximo e participar na súa defensa, conservación e mellora.
Coñece-lo propio corpo e adoptar hábitos saudables que repercutan nunha mellor calidade de vida
Comunicarse a través de medios de expresión plástica, visual e musical, desenvolvendo a sensibilidade e a capacidade de disfrutar das artes.
Dependencias do cole
O CEIP Plurilingüe Monforte conta cun único edificio, que alberga a planta baixa e dous andeis máis.
Non ten barreiras arquitectónicas e conta coas instalacións necesarias para a escolarización de deficientes motóricos: ramplas de acceso, ascensor, baños adaptados.
Todos os espazos docentes e administrativos contan con conexión de rede local e acceso a Internet.
Arredor do edificio principal sitúanse os patios de recreo con catro zonas diferenciadas:
a) pistas de uso polivalente, fronte á entrada do colexio.
b) pista polideportiva aberta
c) parque de E. Infantil.
d) Un pavillón polideportivo cuberto e pechado, para todo o alumnado de Primaria, especialmente indicado nos días de choiva.
Tamén temos un porche cuberto onde gorecerse nos días que a saída ao exterior é complicada pola climatoloxía.
O alumnado de infantil conta cun espazo interior para os recreos, no caso de que estea difícil saír ao exterior.
Aulas de E. Infantil: 3 aulas, situadas na planta baixa, con baño dentro das mesmas e con material adaptado. Pizarra dixital interactiva en todas as aulas.
Aulas de E. Primaria: 12 aulas, situadas no 1º e 2º andar do edificio
Todas as aulas dispoñen de conexión de rede, ordenador , acceso á Internet e Pizarra dixital intractiva en todas as aulas. Todos o alumnado de 5º e 6º de Primaria dispón de netbook por ser centro Edixgal.
Aula de inglés/ Laboratorio de idiomas, con 25 ordenadores, conectados en rede e con conexión á Internet. Conta ademais cun Encerado Dixital Interactivo
Aula de Música, co material específico para o desenvolvemento desta área; ademais de megafonía e PDI.
Aula AL e de Pedagoxía Terapéutica, para apoios individuais ou en pequeno grupo
Comedor con cociña propia
Ximnasio interior con calefacción
Biblioteca totalmente equipada