Aula das nubes

6º de Infantil (5 anos)

Estamos de volta!

 

Ola ola!

 

Estamos de volta e queremos ensinárvos algo do que levamos traballado este tempo.

 

Chegou o outono e na aula das nubes puxémonos mans á obra, fixemos unhas follas con xices ben chulas.

 

 

Tamén comezamos traballando con acuarelas as cores do outono, para poder facer unhas árbores.

 

 

 

Recordades que o pasado curso o papá de Erea veu contarnos cousiñas sobre o mundos das abellas? Pois agora Erea e o seu papá fixeron a recolecta e mandáronnos a proba! Mmmmmm

 

Tamén Marcos unha finde fixo unhas galletas e trouxo a proba. Estaban deliciosas!

 

Traballamos moito este último curso de infantil facendo: series, formando palabras, aprendendo como soa unha letra con outra,...

Mirade!

 

 

Chegou o Samaín e fixemos unhas actividades relacionadas con el, viñemos disfrazados, comemos bica, chocolate e castañas, unha compi fíxonos un photocall chulísimo e viñemos disfrazados. Foi un festón!

 

 

 

Ata pronto!

 


 

NOVIDADES

Ola!

Rematamos o proxecto sobre o corpo e aínda nos quedaban unhas fotos por ensinar.

 

 

 

 

 

 

Fai uns días tivemos a visita dunhas rapazas e duns rapaces que están estudando o Ciclo de Educación Infantil e preparáronnos uns xogos e talleres ben divertidos.

 

 

 

 

Tamén tivemos a visita do papá de Erea que veu a contarnos un pouco sobre o marabilloso mundo das abellas. Disfrutámolo moito.

 

 

 

 

Ata pronto!

O CORPO

Ola familia!

Como ben sabedes o pasado trimestre comezamos a traballar o proxecto do corpo. Moitos de vós puxéstesvos mans á obra a buscar diferentes materiais para enviar ao colexio sobre o tema e aquí vos ensinamos algunhas das cousas que xa fomos vendo e traballando.

 

 

 

 

 

 

 

Tamén tivemos a visita de moitos familiares e amigos que pertencen á rama sanitaria e nos contaron en qué consiste o seu traballo. Ademais puidemos empregar moitos instrumentos que empregan no seu posto de traballo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estamos aprendendo moito!!

 

AULA DAS NUBES

SAAAABOR!!

O pasado 5 de abril gozamos dunha divertida obra de teatro musical no patio do colexio.

Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura múscia, maxia, humor, ritmo e a participación do público, todo iso co mundo da gastronomía de fondo. 

Dous chefs preparan unhas ricas receitas para tódolos gustos e mentres tanto van xurdindo diferentes situacións inesperadas e graciosas. 

Foi un momento moi divertido!

 

 

 

AULA DAS NUBES

ENTROIDO E EXCURSIÓN

No entroido pasámolo pipa, disfrazámonos, comemos bica e tomamos chocolate...

 

 

 

Tamén fomos de excursión ata a "CASA DA FONTE", onde vimos os animaliños que alí teñen e elaboramos manteiga!

 

 

 

 

 

 

Aula das Nubes

Un contacontos diferente...

Bo día!

Hoxe no cole tivemos un contacontos diferente, era unha versión de "Os tres porquiños" na que aparecía unha porquiña chamada Maruxa cos seus irmáns Xaquín e Fuco. Gustounos moito, xa que o conto estaba acompañado de música e fomos descubrindo a historia con diferentes contos e instrumentos musicais de madeira. Para rematar levamos de agasallo un conto, un tangram, uns lapis de cores e puidemos colorear os tres porquiños. 

 

 

Fai uns días polo Día da Muller Traballadora tivemos outro contacontos, no que Andrea nos contou a vida de Frida Kahlo e logo puidemos facer un taller ben chulo no que fixemos a nosa Frida para levar para casa.

 

 

 

 

O pasado día 22 de marzo foi o Día da Auga e para conmemoralo fixemos un experimento no que empregamos auga, e con escuma de afeitar e colorante fixemos chuvia de cores.

 

 

Tamén comezamos a levar as mochilas viaxeiras para casiña e encántanos.

 

Un día cando salimos ao patio atopamos unhas cintas de cores ben chulas coas que xogar e tamén podemos subirnos aos bambáns.

 

 

 Ata pronto,

Aula das Nubes

O INVERNO E MAIS COUSIÑAS

Ola!!

Durante este tempo estivemos traballando o INVERNO.

Fixemos un boneco de neve con copos de neve feitos cunha troqueladora.

 

 

Outro boneco con discos de algodón no que puxemos os nosos nomes e ata unha paisaxe de inverno.

 

 

 

 

 

Tamén decoramos uns gorros de inverno con diferentes trazos, para saber qué trazo facer tirábamos o dado. Fixemos un iglú con papel de burbullas e témpera azul. E como somos a aula das nubes...temos a nosa bonita nube para decorar a porta!!

 

 

 

 

 

 

Tamén xogamos ao bingo de inverno e gustounos moito!

 

 

  

 

A canción que nos gusta moito de inverno é esta.

 

Ademais para traballar as emocións tivemos un contacontos super divertido do MONSTRO ROSA, no que despois fixemos o noso propio monstro.

 

 

 

Aula das nubes

Un merecido descanso!

Chegou o fin do trimestre e toca descansar uns días, pero antes temos que ensinar algo do que fixemos estes últimos días do ano no cole.

O luns 20 puxemos as chaquetas e marchamos ata o buzón de correos para enviar unha felicitación de Nadal. Gustouvos a sorpresa?

 

 

 

 

Tamén fomos levar as cartas para Papá Noel ao buzón do cole.

 

Estabamos na aula tan tranquilos e escoitamos soar unha campá....CHEGOU PAPÁ NOEL!! Deunos un agasallo a cada un e a Gael outro por participar coa súa postal de Nadal no concurso do cole, que quedou ben chula!

 

 

E para rematar o trimestre tivemos unha actividade ESPECTACULAR!! Viñeron de visita os CANS DE SALVAMENTO de CASAGA, dentro do seu progama CANVIVINDO. 

A primeira hora acercáronse con ARNOLD ata a sala común de infantil para contarnos cousiñas sobre os coidados que precisan os cans e aprendéronnos a coller as cacas do chan da forma máis axeitada e... puidemos facer unha proba con unhas cacas de plástico!!

 

Xa para rematar o día fomos ao patio todo o cole para ver unha pequena mostra do traballo que realizan os cans cando teñen que buscar a alguén e ata nos escondemos nun contenedor do lixo para que THOR outro can que traían nos atopase!!! Foi xenial!!!

 

E nada máis... ATA O VINDEIRO ANO!!

FELICES FESTAS!

 

A AULA DAS NUBES

25 de novembro - Día contra a Violencia de Xénero

Ola! Aquí andamos de novo...

Este xoves foi o Día contra a Violencia de Xénero e na clase das nubes falamos sobre o tema. Non nos gusta pegar, nin insultar, nin queremos que a ninguén llo fagan. Estivemos lendo varios contos e con un deles aprendemos un truco para que cando teñamos ganas de pegar se nos vaian e non facelo. 

Aquí volos deixamos para que poidades ver de novo. 

 

 

 

Entre todo o cole fixemos unhas pancartas co que queremos e o que rexeitamos para a nosa sociedade. Á clase das nubes tocounos traballar a palabra CELOS e decorala. 

Estivemos pensando a ver cando tiñamos celos na clase... e démonos conta que cando algún de nós vai a xunto da profe a darlle un bico ou un abrazo...a algún entranlle celos! E... non pode ser así, porque a profe xa nos dixo que nos quere moito a todos e a todas e que ten bicos e abrazos a moreas, polo que non vai gardalos todos para un neno/a solo. Que hai días que algún de nós precisa máis cariño porque está triste, pero non quere dicir que aos demais nos deixase de querer.

Entón fixemos a foto que representase os celos e logo decorámola.

 

 

 

Xa co cartel feito por todo o cole saímos facer unha foto coas pancartas.

 

 A profe Gloria tamén nos contou un conto sobre os celos.

 

Esta semana tamén seguimos a traballar o proxecto do cole e algo sobre o outono. Estivemos debullando millo e decorando unha castaña con témpera sólida e café moído.

 

 

 

 

Ata pronto!

A CLASE DAS NUBES

 

Descubrimos o cole

Ola ola!

Fai unhas semanas comezamos co proxecto do cole. A profe ensinounos a caixa sorpresa e dela quitamos unhas pezas dun quebracabezas. Entre todos démoslle xeito e vimos a imaxe que salía nel, O COLE! Iso por diante e por detrás o seu nome.

Este sería o proxecto deste trimestre, e durante este tempo fomos traballando diferentes cousiñas: a aula, os recunchos dela, as nosas profes e o noso profe, o patio,...

 

 

Esta semana tocounos coñecer as diferentes estancias do cole:

- A conserxería e o conserxe Alejandro, o cal nos explicou en qué consistía o seu traballo.

- O despacho do equipo directivo, onde a directora, a xefa de estudos e a secretaria nos contaron que teñen que facer para que o colexio funcione ben.

- A sala de mestres e mestras, onde os profes que estaban alí e a profe nos explicaron que fan cando están alí, que poñen os papeles que hai no taboleiro e porqué están alí.

- A aula de música, a cociña, o comedor, a radio, as aulas dos nenos e nenas de primaria,...

Gustounos moito coñecer o cole e ver como traballaban os compañeiros nas súas aulas!

 

 

 

 

Tamén fomos ata a biblioteca este venres para contar alí o conto do día. Primeiro coñecemos un pouquiño como funciona a biblioteca e como se organiza e logo subimos ao escenario e sentamos nuns asentos ben chulos para que a profe nos contase o conto. E... coñecemos á mascota da biblioteca que é BIBLIOFORTE!

 

 

Seguimos a voltas coas nosas nubes e estes días estivemos preparando un discos de algodón, os cales pintamos con auga mesturada con témperas. Van quedarnos unhas nubes..ESPECTACULARES, xa veredes!

 

Escoitamos esta canción de nubes que nos gusta moito!


Estamos rematando de traballar o outono e fixemos algunhas cousiñas...

Unha árbore con follas das cores do outono pintadas con rollo de papel hixiénico.

 

Tamén un ourizo ao cal lle fixemos os pinchos cun garfo e témpera.

 

 

Ata pronto!

A CLASE DAS NUBES

Distribuir contido